3 cintos negros do Cee Deportes de Contacto viaxan ao Campionato Nacional de Taekwon-do ITF de Zaragoza
21:00 26/10/17
Ismael Gándara, Antía Río e Eloy Cambeiro, do Club Cee Deportes de Contacto, no Conco durante os Campionatos Galegos de Taekwondo
Este sábado 28 de outubro Zaragoza acolle o Campionato Nacional de Taekwon-do ITF. E alí estarán presentes 3 deportistas do Club Cee Deportes de Contacto: Antía Río (Corcubión), Ismael Gándara (Cee), e Eloy Cambeiro (Brens).
Xa conseguiron grandes resultados no Campionato Galego celebrado no Conco, Dumbría, hai apenas un mes. Alí o club ceés logrou un ouro e dúas pratas, e continúan este comezo de tempada participando no maior evento a nivel estatal da disciplina.
Tres competidores cinto negro que darán o máximo para deixar o deporte galego, e as artes marciais na Costa da Morte na mellor posición, e por suposto dar exemplo do valor do traballo e a constancia traballando cun gran equipo de compañeiros e compañeiras no Club Cee Deportes de Contacto.
Uns fitos imposibles de alcanzar sen o apoio e a amizade do clube "ITF Noia" cos seu instrutor, e axudante Antonio Blanco "Dache", e Adolfo Liñayo.
Ademais, o club tenque agradecer o patrocinio a "Automóviles Álvarez", en Cee, así como ó Servicio de Deportes do Concello de Cee pola súa colaboración.
Novas relacionadas
- Setembro 17: O Club Cee Deportes de Contacto abre o prazo de matrícula para os cursos de Taekwon-Do ITF e Kick Boxing.
- Febreiro 17: Club Cee Deportes de Contacto participa na Liga Galega de Taekwondo.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).