Carnota prepárase para a Carreira das Areas
Inscricións
A inscrición para os atletas adultos (sénior e veteranos) para unha proba determinada terá un custo de 5 € para aqueles corredores que posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip independentemente que participen nas probas 5K ou 10K.
Para o resto é de balde.
Para os atletas de categorías sénior e veteranos realizaranse a través da páxina web www.championchipnorte.com, data límite mércores 20 de agosto ás 24h.
O prazo de incrición para os Corredores de circuito está pechado dende a celebración da terceira proba puntuable, por conseguinte so poden realizarse inscricións para esta proba do circuito.
As inscricións para os atletas benxamín, alevín, infantil, cadete e xuvenil poderán realizarse a través de: Plataforma championchip (www.championchipnorte.com<(a>). A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en www.championchipnorte.com ou na páxina do Concello de Carnota www.concellodecarnota.com.
@s atletas de categoría Pitufo poderán facer a inscrición do seguinte xeito: Enviando un email a [email protected] coa autorización paterna cuberta e asinada, ou chamando o 981 857032 (departamento de deportes). Á hora de recoller o dorsal deberán presentar impresa e asinada dita autorización paterna, poderá descargarse na páxina do Concello de Carnota, presentando a autorización paterna asinada no Departamento de Deportes do Concello de Carnota.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).