350 rapaces correrán polos seus dereitos en Ponteceso
Educo organiza, co apoio do Concello de Ponteceso, este próximo venres, 13 de xuño a partir das 10 da mañán, unha carreira solidaria no entorno natural da Praia de Balarés en Ponteceso. A carreira ten como obxectivo recaudar fondos para nenas que ven vulnerado o seu dereito a unha educación gratuita e de calidade.
Baixo o lema “Corre polos seus dereitos”, preto de 350 alumnas e alumnos apoiarán o traballo da ong. Trátase do alumnado dos centros CRA Nosa Señora do Faro e CEIP Eduardo Pondal de Ponteceso e CEIP As Forcadas de Corme.
Dos 105 millóns de nenos que non van a escola en todo o mundo, o 70% son nenas. Por isto, é necesario dar especial visibilidade a súa situación, ao ser ainda máis vulnerables que os nenos, e ter máis posibilidades de ver truncada a súa vida educativa e, así, as súas posibilidades de mellorar o seu futuro.
O Programa de Becas ELLA da Fundación Educo permite que nenas de O Salvador, Bangladesh e Burkina Faso poidan amplias os seus estudos, reforzando as súas posibilidades dende o acceso á educación secundaria para ter máis opcións de mellorar a súa situación cando cheguen a idade adulta.
Con 100€ ao ano cubrense os gastos básicos de educación para as nenas estudiantes: material escolar, libros, matrícula e gastos de desprazamento durante o curso escolar.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).