Xoves. 25.04.2024
El tiempo

3ª Galicia: 9 equipos pelexan pola Promoción

3ª Galicia: 9 equipos pelexan pola Promoción
Camarinas-Castrelo Imaxe do Camariñas-Castrelo-Foto-Jose Campaña Co Coristanco ao seu (10 vitorias e empates é o bagaxe do cadro de Eloy trala primeira xornada da segunda volta), a loita por detrás está moi fermosa. O gran beneficiado da xornada foi o Cabana, que sen xogar, mantén a 2ª praza cun punto de vantaxe ante o Porteño (que non pasaba do empate na casa ante o Nantón) e do Castriz (que caía en Outes). Precisamente o Outes afiánzase na zona de promoción, empatado co Castrelo, e con 3 puntos de vantaxe sobre o 7º, o Nantón. Aínda pelexarán por esas prazas o Camariñas e o Laxe.  

Porteño - Nantón (2-2)

11 do Porteno 11 do Porteño
  • Porteño: Jose Manuel, Oli, Caamaño, Manoliño, Vicente, Pejo, Jorgito, Nazo, Ángel, Wii e Javi Antelo. Tamé xogaron: Martín, Rodri, Cou, Cachi e Roi.
  • Nantón: Guille: Fran (Javi, m.69), Costiña (Eloy, m.9), Martín, David, Santi, Pablo Fuentes, Juan, Pastor, Redondo, Cristian (Iván, m.55).
  • Goles: 0-1, m.9: Juan; 1-1, m.13: Caamaño de falta lonxana coa axuda do meta visitante; 2-1, m.38: Javi Antelo de cabezal; 2-2, m.90: Juan de penalti.
Porteno e Nanton Porteño e Nantón na Grixa-Foto-CF Porteño Non aguantou Grixa demasiado ben tanta auga e non estaba o campo para demasiado xogo. Adiantaríase o Nantón ós 9 minutos despois dun roubo de Juan en medio campo e que dende aí enfila portería ata deixar o balón dentro da rede. Non tardaría moito o Porteño en acadar o empate para pouco despois conseguir remontar cunha falta lonxana de Caamaño na que Guille non puido despexar. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf.10/videos/128454571492548/?t=1" width="800" height="500" onlyvideo="1"] Pouco despois Javi Antelo marcaba de cabeza á saída dun córner. [fbvideo link="https://www.facebook.com/porteno.cf.10/videos/128454634825875/?t=2" width="800" height="500" onlyvideo="1"] Xa na segunda metade, co Porteño armando algo mellor as xogadas, pero sen difinición arriba, o Nantón seguía no partido esperando o seu momento. E ese non chegaba ata o minuto 90, cando unha pena máxima permitíalle ao Nantón conseguir o empate e non descolgarse de todo da promoción. Aínda no desconto o Porteño volcouse pero non conseguíu marcar.  

Seaia - Camelle (5-2)

  • Seaia: Recarey, Parga, Vistas, Jorge, Josi; Iván; Dimaga, David, Toni (Curry, m.87), Chols (Uru, m.70); Pablo (Canario, m.80).
  • Camelle: Roi, Rodri, Valiña, Jose, Álvaro, Vieites, David, Miguel Riveiro, Barreiro, Jati, Mario. Tamén xogaron: Tajes e Manu Pérez.
  • Goles: 1-0, m.15: Chols aproveita o rexeite do porteiro a un tiro de Dimaga; 1-1, m.33: Barreiro de penalti; 2-1, m.44: Chols de penalti protestado; 3-1, m.55: Chols rouba e define; 3-2, m.72: Adrián Tajes; 4-2, m.78: Uru de gran volea á saída dun córner; 5-2, m.88: Vistas tras varios rexeites tamén nun córner.
Seaia Camelle o sabado Así estaba Pedra Queimada o sábado Outro dos partidos disputados o sábado, nun campo bastante anegado polas chuvias. Moito balón arriba e a correr. Os malpicáns fixeron un partido serio, e pronto se adiantaban. Pero a partir de aí o Camelle levaría o peso do partido e empataba dende os 11 metros. Seguían remando (nunca mellor dito) os visitantes, con varias ocasións marradas, pero xusto antes do descanso, un penalti moi dubidoso permite ao Seaia irse por diante aos vestiarios. Na segunda, co Camelle ben arriba, un erro atrás permitía ao Seaia ampliar a renda. Aínda se volvía meter no partido o Camelle, pero un fermos gol de volea de Uru sentenciaba defintivamente o choque no treito final.  

Corcubión - Coristanco (0-6)

  • Corcubión: Marcos, Eva, Oca, Mario, Pablo, Chiru, Martín, Rubén, Álex, Lagoa e Tito. Tamén xogaron; Ángel e Rodri.
  • Coristanco: Diego, Lagoa, Rubén, Sergio, Torres, Pazos, Rr, Javi, Castiñeiras, Samuel e Corral. Tamén xogaron: Mato, Xuvo e Dani.
  • Goles: 0-1, m.13: Corral; 0-2, m.48: Pazos; 0-3, m.71: Corral; 0-4, m.73: Samuel; 0-5, m.82: Samuel; 0-6, m.84: Sergio.
Corcubion-Coristanco Corcubion-Coristanco Partido frío, no que os outros equipos tardaron en entrar a combinar se ben o Coristanco era máis dominador ante un Corcubión que esperaba atrás. Pero as perdas eran continuas, ata que Corral adiantou aos de Eloy. Puideron ampliar a renda os visitantes e tamén puido empatar o Corcubión nunha contra pero o marcdor non se movería. Á volta dos vestuarios marcaba o segundo Pazos de cabeza á saída dun córner e o partido xa se decantaría claramente do lado verde. Adiantaban liñas os branquiazuis e os visitantes chegaban con moita claridade á meta de Marcos ata o 0-6, final, demasiado abultado para o visto no campo, en todo caso.  

Camariñas - Castrelo (1-1)

  • Camariñas: Pablo, Brais, Rodri, Moro, Anxo; Miki, Paco, Joseba, Raúl; Djibril e Sule. Tamén; Manu Pasantes, Adrián Bardanca, Andrés e Dani.
  • Castrelo: David, Maikol, Darío, Estevo, Dani, Estiven, Eloi, Chans, Iván, Esteban e Dani. Tamén xogaron: Dani Picallo, Félix, Chavico, Roi e Luís..
  • Goles: 0-1, m.11: Rubén; 1-1, m.51: Djibril.
Camariñas e Castrelo no Hermanas Patiño Camariñas e Castrelo no Hermanas Patiño Comezou o Castrelo soprrendendo cunha boa presión alta, e pronto se adiantou por medio de Rubén. O Camariñas non podía chegar á meta rival con claridade, e esmorecía a primeira metade sen un dominador claro. Na segunda metade estirouse máis a cousa, cun Camariñas algo máis incisivo que empataba pronto cun penalti que lle fixeron a Sule e que transfmorou Djibril. Tivo boas minutos o Camariñas pero apareceu a figura de David para facer dúas espectaculares paradas que deixaron ao público abraiado. Pero tamén, na recta final, o Castrelo tivo o partido, e foi Pablo, na área contraria, o protagonista con outro par de boas intervencións, para deixar o que pode ser un xusto empate.  

Laxe - As Baleas (5-1)

  • Laxe: Eloy (Cabanés, m.86), Ventura, Borja, Ruso, Djamel (Arguelles, m.75), Galeano, Andrés, Bieito, Felipe (Borja, m.65), Zurich (Dani, m.55) e Adrián.
  • As Baleas: Pasantes, Dani, Juan, Nico, Nando, Tedín, Carlos, Xoxe, Suso, Álvaro. Tamén: Cristian, Isma e Sar.
  • Goles: 1-0, m.25: Adrián; 2-0, m.49: Zurich de penalti; 3-0, m.55: Zurich; 3-1,m .67: Tedín; 4-1, m.69: Andrés de penalti; 5-1, m.85: Bieito.
Comezaba o partido moi igualado cunhas Baleas moi ben prantadas e tendo dúas claras ocasións de gol que non materializaba. Pouco a pouco, os de Ordóñez ían tomando o mando e Adrián os adiantaba no ecuador, pero mantendo un apretado 1-0 ao descanso. Comezaba a segunda metade con dous tantos de Zurich que practicamente deixaba ás Baleas sen opción, pero que seguiron pelexando ata o final.  

Outes - Castriz (2-1)

  • Outes: Antón, Caamaño, Chía (Saúl), Joel, Martín, Veleiro (Fabio), Santi (Sergio), Paulo, Simón, Kim (Breno) e Babu.
  • Castriz: Puyol, Carlos, Adrián, Cili, Steven, Facal, Iván, Balsa, Jorge Calvete, Sebas. Tamén xogaron: Álvaro, Kevin, Anxo, Martín Gemelo e Martín.
  • Goles: 1-0, m.7: Kim; 1-1, m.77: Sebas; 2-1, m.89: Sergio.
Partido moi disputado e igualado entre dous equipos que buscaron a vitoria desde o principio. Adiantouse o cadro local co tanto de Kin tras un saque de banda e definindo por alto. O gol dáballe confianza aos de Miguel, que dominaban o medio campo, pero pouco a pouco os de David Velo se ían metendo arriba. O partido estaba espeso, coas defensas mellor que as dianteiras, ata que tivo unha gran ocasión o Castriz no man a man que desbaratou Antón. Subiron a presión os xalleiros, asumindo máis riscos trás, e facendo sufrir ao cadro da Serra. Pero non entraban as ocasións, ata que Sebas facía o empate a 15 do final tras unha boa xogada combinativa. Pero aínda quedaba partido, e xa case que co tempo cumplido, unha falta lateral botada por Veleiro era rematada por Sergio para darlle a vitoria aos locais, afianzalos na zona de promoción e deixar ao Castriz a só 3 puntos.  

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios