3ª Galicia: o Muros de Bibi ascende

15:12 19/03/18
C.D.MUROS 2 - U.D. CORCUBIÓN 0
MUROS: Xandre, Berni, Banana, David, Pedro, Ramón, Javier, Hugo, Xavi, Saúl e Alvarito. Tamén xogaron Lariño, Manuel, Lice, Alejandro e Ángel.
CORCUBIÓN: Roberto, Mario, Adrián, Pabliño, Rubén, Gabri, Antón Lestón, Rodri, Lema, Samu e Fran. Tamén xogaron Abe, Asier, e Samuel Rama.
GOLES: 1-0 5´Saúl 2-0 13´Xavi
Expulsado Manu 65´
Ascendeu o Muros á Liga da Costa tras vencer ó Corcubión nun Eleuterio Balayo festivo por dous tantos a cero. Os de Bibi completan así unha gran campaña na súa volta ó fútbol da costa, e agora loitarán cos seus veciños do Volantes de Baño por acadar o título de 3ª Galicia. O posible nerviosismo pola posibilidade do ascenso quedou pronto difuminado, pois ó cuarto de hora xa gañaban os muradáns por dous tantos de diferencia, marcador definitivo. Saúl e Xavi anotaron os goles da tranquilidade e o campo de Muros foi unha festa ata o final do encontro. Norabóa¡
![]()
SP. SEAIA C.F. 1 - C.F. PORTEÑO 3
SP. SEAIA: Camafreita, Jorge Parga, Diego, Mario, Alvaro Ramos, Sergio, Adrián Parga, Josi, Mara, Vistae e Reigia. Tamén xogaron David Pérez e Recarey.
PORTEÑO: Jonathan, Marcos, Pejo, Caamaño, Adrián, Jorge, Cousillas, Velo, Rachón, Luis e Ángel. Tamén xogaron Pablo, Xoel, Manuel, Pereira e Brais.
GOLES: 0-1 14´Velo 0-2 73´Cousillas de pti 0-3 80´MArcos 1-3 89´Vistas
O Porteño aférrase ás posibilidades de meterse na promoción tras vencer en Malpica onte ó Seaia con claridade, aínda que non adquiriu a vantaxe definitiva ata os últimos minutos. Jorge Velo adiantou ós visitantes, e foi no segundo tempo onde Cousillas de pti e Marcos estableceron a diferencia que sería insalvable para os locais.
CAMELLE S.D. 5 - CABANA S.D. 3
CAMELLE: Caamaño, Sergio, Rubén, Pablo, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Méndez, Mario, Alvaro e Rodrigo. Tamén xogaron Adrián Pasantes, Adrián Tajes e Roi.
CABANA: Víctor, Fernando, Iván, Isma, FAriña, Manolo, Cristian, Alberto, Pablo, Diego Varela e Sergio. Tamén xogaron Jose, Reigía e Alejandro.
GOLES: 1-0 27´Barreiro 2-0 34´Barreiro 3-0 46´Miguel Riveiro 4-0 53´Méndez 4-1 56´Cristian 4-2 60´Fernando 5-2 80´Adrián Pasantes 5-3 88´Cristian
Vaia partido o sábado no Rodeiro, que vale como ensaio xeral para a promoción de ascenso. Oito goles e fútbol de ataque entre dous equipos que buscan xogar na liga da costa o ano que ven. O Camelle foi superior no primeiro tempo e chegou con 2-0 ó descanso pero o Cabana, cando viu o partido perdido, botouse arriba e a punto estivo de dar un susto ós locais.
S.D. CASTRIZ 1 - C.D. NANTÓN 1
CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Adrián, Mata, Kevin, Steven, Negreira, Adrián Balsa, Landeira e Facal. Tamén xogaron Javi, Raúl e Alvaro.
NANTON: Guille, Micael, Romero, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Cristian, Pastor, Redondo e Jose Manuel. Tamén xogaron Martín, Lareu e Moreira.
GOLES: 1-0 27´Rubén 1-1 58´Fabio de pti
Na pelexa sobre a promoción igualaron Castriz e Nantón, nun partido moi competido. Adiantouse o conxunto de Mata no primeiro tempo, pero igualou de penalti Fabio para o Nantón, e para darlle máis emoción ós dous últimos postos de promoción de ascenso.
S.D. LAXE 1 - S.D. AMEIXENDA 4
LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Felipe, Paredes, Santi Casas, Elías, Bieito e Samuel. Tamén xogaron Manu, Ventura, Jorge, Gora e Jacobo.
AMEIXENDA: Papi, Camacho, Oca, Bichiño, Bruno, CHucho, Piquero, Susiño, Cristian, Samu e Andrés. Tamén xogaron Lagoa, Juan Antonio, Borja, Bicho e Pablo.
GOLES: 0-1 16´Cristian 0-2 51´Andrés 0-3 57´Cristian 0-4 62´Cristian 1-4 72´Samu
Partido marcado pola gran actuación de Cristian, que anotou tres tantos e foi o mellor home sobre o campo. Os 7 minutos vaise de varios rivais e fanlle penalti, que el mesmo falla. Pero pouco despois anotou a pase de Andrés. No segundo tempo foi Andrés o que marcou a pase de Cristian, e o recital completouse con dous novos tantos e unha vaselina que dou no longueiro. O Laxe non baixou os brazos pero non puido coa exibición do dianteiro.
OUTES B 1 - VOLANTES DE BAÑO F.C. 8
OUTES B: Turnes, César, Lago, Caamaño, Sergio, Fabio, Paullo, Fran Bouzas, Aitor, Breno, Raúl. Tamén xogaron Bryan e Raúl del Río.
VOLANTES: Javira, Tico, Rapante, Juan do Sivil, Thiago, Raúl, Godo, Alberto, Miguel, Picho e SAnti. Tamén xogaron Ricardo, Yanki, Javi, Parelo e Marcos.
GOLES: 0-1 3´Thiago 0-2 9´Alberto 0-3 20´Alberto 1-3 61´Raúl 1-4 70´Yanki 1-5 77´Yanki 1-6 83´Thiago 1-7 8´Yanki 1-8 86´Yanki 1-9 89´Thiago
Goleada do líder coa que se acerca ó título, tras endosarlle nove tantos ó filial do Outes. O partido non tivo historia dende o inicio, tendo de protagonista a Yanki unha vez máis, autor de 4 tantos saíndo dende o banco.





