Sábado. 18.05.2024
El tiempo

3ª Galicia: o Volantes ascende brillantemente

3ª Galicia: o Volantes ascende brillantemente
VOLANTES DE BAÑO F.C. 4 - S.D. AMEIXENDA 0 Os Volantes celebrando o ascenso por Muros adiante VOLANTES: Javira, Juan do Sivil, Mou, Cajulo, Raúl, José, Yeray, Miguel, Dani, Picho e Santi. Tamén xogaron Yanki, Samuel, Pardelo, Ricardo e Marcos. AMEIXENDA: Bruno, Camacho, Samu, Piquero, Chucho, Castreje, Cristian, Nes, Borja, Juan Antonio e Alex. Tamén xogaron Andrés e Tomás. GOLES: 1-0 56´Raúl   2-0 68´Yanki   3-0 81´Rapante   4-0 86´Rapante Regresou o Volantes á Liga da Costa pola porta grande. E fixoo nun gran partido, marcado polo forte vento, no que foi superior ó Ameixenda. Os visitantes tiveron que xogar co central Bruno de porteiro, e aguantaron no primeiro tempo. O Volantes tivo un doble disparo ó pao no minuto 11. Puido marcar Nes para os visitantes á media hora. Foi no segundo tempo no que con vento en contra anotou catro tantos e puido marcar algún máis. A solidez defensiva unha vez máis foi a base na que se asentou o cadro de Sil, que así consigue un gran éxito, baseado na unión entre directiva, corpo técnico e xogadores. O corpo técnico responsable do éxito En palabras do seu adestrador Sil "sobran as palabras, a falta de 3 xornadas estamos ascendidos, incrible neste modesto club. Quero felicitar ós xogadores polo seu compromiso, ganas, ilusión, compañerismo e loita. Gracias a todos eles, e tamén á directiva por confiar no noso traballo, estando no día a día dispoñibles para o que necesitaramos" SP. SEAIA C.F. 0 - C.F. CASTRELO 2 SP. SEAIA: Recarey, Jorge Parga, Uru, Mario, Sergio, Chols, Adrián Parga, Josi, Mara, Vistas e Diego. Tamén xogadon Dani, Brandón, Darío e Carracedo. CASTRELO: Carreira, Luis, Maikol, Iván, Dani, Nico, Juan, Martín, Esteban, Gustavo e Félix. Tamén xogaron Oscar e Germán. GOLES: 0-1 88´Martín   0-2 89´Germán Está a ser o Castrelo a revelación das últimas xornadas, e onte volveu a vencer, esta vez ó Seaia, deixando ó cadro de Malpica sen opcións reais de chegar á promoción de ascenso. O encontro foi igualado e decidiuse nos últimos intres, onde os visitantes anotaron os seus dous tantos. CAMELLE S.D. 4 - U.D. CORCUBIÓN 0 CAMELLE: Carlos, Sergio, Rubén, Barbeito, Barreiro, Miguel Riveiro, Mario, Adrián, Alvaro, Tajes e Rodri. Tamén xogaron Roi, Cristian e Tedín. CORCUBION: Abe, Mario, Samu, Rubén,Carlos, Antón Lestón, Lema, Gabri, Tito, Pablito e Brais Lagoa. Tamén xogaron Rodrigo, Rama, Dantés e Carballo. GOLES: 1-0 20´Barreiro   2-0 44´Barreiro de pti   3-0 59´Adrián   4-0 61´Roi O Camelle prácticamente asegurou a plaza de promoción ó vencer con solvencia ó Corcubión, nun encontro que dous goles de Barreiro, o segundo de penalti, case sentenciaron no primeiro tempo. O Camelle controlou o encontro sen problemas, pois o Corcubión xogou con 10 homes 45 minutos, e no segundo tempo aumentou a conta por medio de Adrián Pasantes e Roi Caamaño. S.D. CASTRIZ 1 - C.F. PORTEÑO 0 CASTRIZ: David Gerpe, Rubén, Toniño, Carlos, Adrián, Steven, Negreira, Nakata, Iván, Javi e Facal. Tamén xogaron Landeira, Kevin e Adrián Balsa. PORTEÑO: Jonathan, Adrián Sendón, Caamaño, Pejo, Manu Castiñeiras, Xoel, Jorge, Rachón, Velo, Marcos e Angel. Tamén xogou Wii. GOL: 1-0 41´Javi Partido moi importante o xogado en San Pedro onte, pois estaba en xogo unha das plazas de promoción de ascenso. E levouse o gato á auga o cadro local cun solitario tanto de Javi a pouco do descanso, que o Porteño non foi quen de remontar a pesar de intentalo durante os segundos 45 minutos. S.D. LAXE 1 - CABANA S.D. 2 LAXE: Eloy, Toja, Naya, Jacinto, Borja, Gora, Paredes, Santi, Veciño, Bieito e Iñigo. Tamén xogaron Jacobo, Felipiño, Manu e Valentín. CABANA: Víctor, Duda, Djamel, Fariña, Reigía, Mateo, Manolo, Ferreiro, Cristian, Cacha e Pablo. Tamén xogaron Manuel, Alessandro, Alberto e Duda. GOLES: 0-1 24´Cristian   0-2 44´Pablo   1-2 70´Manu Gran primeiro tempo do Cabana que lle valeu para levarse o encontro. Os de Mingui estiveron moi concentrados, e anotaron dous tantos, ademais de mandar Cacha un balón ó pao longueiro. O Laxe empurrou moito no segundo acto, reduciu distancias e mereceu a igualada, pero Víctor estuvo fenomenal na meta visitante. OUTES B 2 - NANTON C.D. 4 OUTES B: Gorka, César, Fabián, Juan, Saúl, Jason, Sergio, Fabio, Fran, Aitor e Breno. Tamén xogaron Bryan, Adrián, Lago, Nieto, e Raúl. NANTON: Guille, Lareu, Michael, Gavín, Diego, Pereira, Dani, Cristian, Pastor, Redondo, e Moreira. Tamén xogaron Fabio e J.Manuel. GOLES: 1-0 22' César   1-1 24'Cristian   1-2 39' Micael   2-2 45'Cesar   2-3 85'Fabio   2-4 88'Pastor  Pasouno mal o Nantón en Outes para levarse o partido ante o filial, e así seguir na loita polas plazas de promoción. O encontro estivo moi igualado ata os instantes finais, onde os visitantes conseguiron anotar dous tantos por medio de Fabio e Pastor para levarse o partido.

Comentarios