3ª Galicia: Volantes campión, Ameixenda á promoción

13:00 26/03/18
VOLANTES DE BAÑO F.C. 3 - S.D. LAXE 0
VOLANTES: Javira, Tico, Juan do Sivil, Thiago, Cajulo, Yanki, Pardelo, Raúl, Miguel, Picho e Santi. TAmén xogaron Javi, Godo, Rapante, Mou e Marcos.
LAXE: Jacobo, Iván, Ventura, Jacinto, Borja, Felipe, Paredes, Jorge, Santi, Elías e Bieito. Tamén xogaron Veciño, Valentín e Alvaro
GOLES: 1-0 55´Yanki 2-0 58´Juan do Sivil 3-0 84´Pardelo
O Volantes, despois de certificar o ascenso, onte conseguiu o título de campión de 3ª Galicia nun encontro cun resultado abultado pero para nada cómodo. O Laxe xogábase meterse na promoción e plantou cara, sobre todo no primeiro tempo. Pero a raíz do gol de Yanki, que abriu a lata visitante, o Volantes viuse campión, e coa solvencia defensiva que ten este equipo cando se pon por diante, foi imparable. Noraboa ós Volantes polo merecido título¡
C.F. PORTEÑO 4 - C.D. MUROS 2
PORTEÑO: Brais, Adrián, Caamaño, Pejo, Manu Castiñeiras, Vicente, Jorge, Velo, Espi, Marcos e Angel. Tamén xogaron Luis, Rachón, Wii e Martín.
MUROS: Matías, Berni, Banana, Pedro, Ramón, Javi, Xavier, Saúl, Lariño, Lice e Gael. Tamén xogaron Alvarito, Alejandro e Sergio.
GOLES: 1-0 7´Pejo 2-0 56´Espi 2-1 67´Ramón 2-2 72´Saúl 3-2 85´Rachón 4-2 90´Wii
O Porteño colocouse en plazas de promoción cunha gran vitoria ante o ascendido Muros na Grixa. O encontro decidiuse nos últimos intres, con goles de Rachón e Wii. Anteriormente o Porteño pillara vantaxe con goles de Pejo nada máis iniciarse o encontro e Espi ó pouco do descanso. Pero o Muros foi quen de remontar en cinco minutos, pero o Porteño empurrou nos últimos intres e levouse tres puntos importantísimos.
S.D. AMEIXENDA 4 - S.D. CASTRIZ 0
AMEIXENDA: Papi, Camacho, Oca, Bichiño, Alex, Bruno, Samu, Susiño, Castreje, Cristian, Nes. Tamén xogaron Andrés, Pablo, Bicho e Juan Antonio.
CASTRIZ: David, Rubén, Toniño, Carlos, Adrián, Mata, Negreira, Iván, Balsa, Raúl e Facal. Tamén xogaron Landeira, Kevin e Alvaro.
GOLES: 1-0 11´Cristian 2-0 30´Alex 3- 0 42´Cristian 4-0 77´Cristian
O Ameixenda aseguron a súa plaza na promoción cunha clara vitoria ante o Castriz, nun novo partidazo de Cristian, que anotou tres tantos. O primeiro tanto veu tras un bo pase de Alex que o dianteiro non perdoou. O Castriz puido igualar á media hora cun disparo dende o punto de penalti que se foi alto. E na seguinte xogada, unha falta lanzada por Oca remataa Alex a gol. Sentenciou o encontro o Ameixenda nunha boa xogada de Castreje que Cristian remata ás mallas. O Castriz co vento a favor intentou reducir distancias no segundo tempo pero un novo tanto de Cristian puxo o marcador final.
[video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/03/26/VID-20180325-WA0043.mp4"][/video]
NANTÓN C.D. 1 - CAMELLE S.D. 0
NANTÓN: Guille, Micael, Pablo, Gavín, Diego, Pereira, Fabio, Cristian, Martín, Redondo e Lareu. Tamén xogaron Moreira, José Manuel, Daniel e Vidal
CAMELLE: Caamaño, Sergio, Carlos, Pablo, Tedín, Barreiro, Miguel Riveiro, Mario, Adrián, Rodrigo e Alvaro Lema. Tamén xogaron Méndez, Adrián Pasantes, Vieites e David.
GOL: 1-0 29´Pereira
O Nantón aférrase á loita por entrar na promoción ó vencer nun emocionante partido ó Camelle cun solitario tanto de Pereira á media hora. O conxunto local, que se xogaba as súas últimas opcións de tes chance na loita polo ascenso, puxo toda a carne no asador ante un Camelle competitivo, pero que xa está a pensar na promoción, onde será un dos favoritos para levarse a plaza que queda en 2ª Galicia para o ano que ven.
CABANA S.D. 0 - SP. SEAIA C.F. 0
CABANA: Víctor, Duda, Fariña, Isma, Fernando, Mateo, Manolo, Cristian, Cacha, Ferreiro e Pablo. Tamén xogaron Laik, Manu, Alberto e Diego Varela
SP. SEAIA: Martín Recarey, Jorge Parga, Juni, Mario, Alvaro Ramos, Diego, Carracedo, Uru, Adrián Parga, Josi e Vistas. Tamén xogaron Jose, David e Camafreita
Partido intrascendente en Cabana, de ritmo baixo e sen case nada en xogo. O Cabana tivo tres claras ocasións no primeiro tempo por medio de Ferreiro, Pablo e Manolo. O segundo tempo baixou de nivel e ningún dos dous equipos creou apenas opcións de gol, reflexándose o sucedido no marcador final.
U.D. CORCUBIÓN 2 - C.F. CASTRELO 3
CORCUBIÓN: Marcos, Mario Suárez, Oca, Rubén, Carlos, Antón Lestón, Lema, Samuel, Dantés, Gabriel e Tito. Tamén xogaron Rodrigo, Asier, Fran e Rama.
CASTRELO: Carreira, Esteban, Mario, Luis, Germán, Dani Picallo, Iván, Nico, Steven, Gus e Félix. Tamén xogaron Elvis e Juan.
GOLES: 1-0 1´Lema 1-1 20´Esteban 1-2 25´Gus 1-3 73´Félix 2-3 80´Gabriel
O Castrelo está a acabar a liga nunha moi boa forma e onte volveu a vencer, esta vez en Corcubión ó equipo local, a pesar de que Lema adiantou ós de casa na primeira xogada. O Castrelo, lonxe de virse abaixo, pronto remontou e antes do descanso xa vencía. O 1-3 de Félix Roget sentenciou o encontro, a pesar de que os locais reduciron distancias a pouco do final do encontro.





