Sábado. 27.04.2024
El tiempo

4 equipos costeiros participaron na doble sesión de Campionatos Provinciais de Atletismo en Pista

4 equipos costeiros participaron na doble sesión de Campionatos Provinciais de Atletismo en Pista
Fin de semana axitada en clave de atletismo escolar. En Ferrol e Ribeira celebráronse os campionatos provinciais de atletismo en pista, no que estiveron membros do Olimpia, do CEIP Santa Eulalia, do Manuela Rial e as Escolas Deportivas de Vimianzo.

Sábado benxamín e alevín

Familia do Olimpia en Ribeira O pasado sábado 19 de maio tivo lugar nas Pistas da Fieiteira (Ribeira) o Campionato Provincial de Atletismo en Pista en categoría benxamíns e alevíns. Ata Ribeira viaxaron con Jorge Lariño por parte do Olimpia 3 nenos e 4 nenas. O resultado máis destacados foi o 3º posto en salto de lonxitude de Pablo Taboada. O resto da expedición foron Rubén Díaz (60 e 500m), Juan Castiñeira (en 1000m), Sabela Carreira (500m e en lonxitude), Liana Quintela (en 1000m e en relevos de 4x60), Laura Castiñeira (en 2000m e relevos de 4x60) e Lucía Quintela e Martina García (en relevos 4x60). Pablo Taboada foi 3º en Salto Pablo Costa Carabel quedou subcampion nos Provincias de 500 Pablo Costa Carabel quedou subcampion nos Provincias de 500 Tamém estivo o CEIP Santa Eulalia de Dumbría, con Dani López, e os participantes acadaron uns magníficos resultados. Martín Castiñeira Sánchez proclamábase campión provincial en lanzamento de pelota. Ademais, Pablo Costa Carabel subía tamén ao podio como subcampión provincial en 500 metros lisos, e Andrea Rey Barcia alcanzaba un meritorio 9º posto en lanzamento de peso. Martin Castineira Sanchez campion de pelota nos Provinciais Martín Castiñeira Sánchez foi campión de lanzamento de pelota nos Provinciais Andrea Rey Barcia en peso Das Escolas Deportivas do Concello de Vimianzo (e coa camisola do Terra de Soneira), Lucía Roget (80m e vallas), Nerea Blanco (en 80m e lonxitude), e María Mas, (avelina e peso). Unha emocionada Vicki Ulloa quere agradecer o traballo e o compromiso das súa “alumnas”. Nerea Blanco do Terra de Soneira en Ribeira Nerea Blanco do Terra de Soneira en Ribeira Maria Mas terceira no podio

Domingo infantil

Non quedou aí a fin de semana pois o domingo 20 de maio tivo lugar nas Pistas da Malata (Ferrol) o Campionato Provincial de Atletismo en Pista en categoría infantil. Da familia do Olimpia, participaron 5 nenas. Helia Lema, que quedou 2ª en 1000m (ademais de relevos e 80m), e Antía que tamén quedou 2ª en 2.000m (ademais de participar en relevos). Tamén participaron Lúa Andrade (en lanzamento de peso e relevos), Minerva Antía Lago, (en 2.000m), Sonia García (en 500, lonxitude e relevos), e José Fernando (en lanzamento xavelina). O mellor representante do centro dumbriés foi Samuel Lema Pereira, que alcanzou o 8º posto en lanzamento de xavalina e o 10º posto en lanzamento de peso. Do equipo vimiancés, acodíu a vimiancesa María Mas que obtivo a prata en peso. Aos campionatos Galegos, que agora van por marcas, non por resultados nos provinciais (os Galegos son parte do programa “Deporte Galego” e os provinciais do “Deporte Escolar”), poderían chegar a participar todas as participantes do Olimpia e do Santa Eulalia.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/uns-400-alumnos-e-alumnas-participan-na-carreira-solidaria-contra-a-fame/    

Comentarios