Case 400 atletas no comezo en Camariñas do II Circuito Correndo pola Costa

Volveu o Circuito Correndo pola Costa da Morte con moita forza para arrincar esta segunda edición. E as cifras son máis que positivas. Case 400 atletas de todas as idades e de toda procedencia participaron nesta festa do deporte, que contou ademais cun día fantástico para suar.

Dá gusto ver as procedencias dos atletas: Coristanco, Vimianzo, Zas, Carballo, Bertamiráns, Santiago, A Baña, Santa Comba, Carnota, Cee, Brens, Myros, Fisterra, A Coruña, A Laracha, Laxe, Muxía, Redondela, Oleiros, Ponteceso, Arteixo, Baio, Cerceda, A Pobra… Unha demostración de este Circuito xa é unha referencia a nivel galego.

E se o ano pasado pasaron de 100 os que se inscribiron en todas as probas do Circuito, actualmente estamos en 189, pero a inscrición non se pecha ata a carreira de Zas, no mes de xuño. A partir desa carreira xa non se poderán inscribir para circuíto.
En todo caso, na actualidade a inscrición de circuíto atópase pechada temporalmente. No momento que se abra a inscrición para a carreira de Vimianzo (26-04) tamén se volverá a abrir a inscrición para o circuíto.

Cristian Muíño volve arrasar

E o actual campión do Circuito, Cristian Muíño, comezou pegando primeiro. O de Coristanco sacou 21 segundos na meta dos 10km ao vimiancés Míchel Antelo. Completou o podio o atleta de Zas, César Vázques Agra, demostrando a superioridade do equipo carballés dos Muditos.
Por detrás chegaba o carballés do A-C- A Silva Pedro Alén Míjez, Alberto Carou Carril (Bertamiráns) e Javier Seoane Puga, carballés do Riazor Coruña, todos no primeiro grupo.

En categoría feminina foi Vanessa Lafuente a vencedora, por diante de Rocío Alvite e Tina Fernández para completar o podio.

Case 400 atletas

Pero máis alá da competición absoluta, a proba é unha festa deportiva, como o demostran os centos de cativos e participantes que teñen, como única ilusión, rematar a proba e superarse a si mesmos.

Máis información

Novas relacionadas

Circuito Correndo pola Costa da Morte 2014

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Información e fotos do Circuito Correndo pola Costa.