Luns. 29.04.2024
El tiempo

Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión

Cristian Muíño e Míchel Antelo pelexaron na simpática Carreira Popular de Corcubión
A Carreira Popular de Corcubion sempre deixa destellos de simpatia

Xa temos datas para as suintes carreiras (27 de setembro en Cabana, e 25 de outubro en Fisterra), pero esta fin de semana tocaban poñerse de corto, ou de longo, en Corcubión. I é que a Carreira Popular de Corcubión, celebrada sempre no marco das Mercedes (este ano sen festas…) sempre deixa toque sde simpatía, como os corredores que saían correr coma se fosen de voda.

Moita xente na Praza Castelao para ver as saídas e chegadas de todas as categorías, con boa presencia dos máis peques pero tamén de moita xente na categoría absoluta, nesta, unha nova proba do I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte.

Cumplíu o pronóstico de favorito, o coristanqués Cristian Muíño, que se impuxo ao vimiancés Míchel Antelo e a Adrián Eirís Barca. En categoría feminina, Eva María Portas foi a campiona por diante de Belén Pérez e Carmen García.

Xa poden consultar os resultados en championchipnorte.com.

Novas relacionadas

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios