Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Circuito Correndo pola Costa da Morte superará en Muxía os 2000 participantes

O Circuito Correndo pola Costa da Morte superará en Muxía os 2000 participantes
Michel Antelo intentara roubarlle o titulo a Cristian Muino

Despois da Carreira de Fisterra a última proba do 1ª edición do Circuito de Carreiras Populares Correndo pola Costa da Morte toca en Muxía. Unha proba definitiva para ver o gañador despois das 8 probas, neste primeira, e tan exitosa experiencia conxunta, armada polo xa premiado Club Deportivo Costa da Morte.

I é que a resposta da xente da zona está sendo espectacular, e xa na primeira carreira había 100 inscritos para o circuito, superando con creces as espectativas da organización. O total de participación, sen contar a carreira de Muxía, é de 1890, polo que si todo sea con normalidade, superaranse os 2000 participantes no circuito, unha vez que xa hai 140 inscritos para a última proba.

Esta disputarase o vindeiro domingo 16 de novembro, e será Muxía a que peche o circuito. A proba está que ferve ademais, pois en Categoría Sénior Masculina o coristanqués Cristian Muíño saca apenas 2 puntos ao vimiancés Míchel Antelo.

Mentres, en Categoría Feminina temos a coruñesa Eva María Portas Lemus con 292, polos 370 da ceense Belén Pérez, e os 410 da de Zas, Carmen García García, polo que a loita segue aberta.

Perfil da Carreira Pedestre de Muxia 2014

Trail polo Monte Pindo

E os amantes da aventura xa están pensando no máis que posible Trail Monte Pindo, que a Asociación Pedramar está preparando para realiar o vindeiro 11 de Xullo do 2015, encadrado, na programación, do VII Encontro Monte Pindo.

Conta cun reducido grupo de persoas a meirande parte delas con ampla experiencia deportiva, e prestándose a traballar de forma voluntaria, xunto cos sempre agradecidos colaboradores de Pedramar, está levando a cabo a preparación do que será o I Trail Encontro Monte Pindo.

”Pretendemos achegar esta disciplina deportiva, a todos os nivéis de preparación física, e non só para deportistas de élite, polo que contaremos con un percorrido adaptado a todo tipo de corredores. E tamén o noso fin principal, involucrar ós máis pequenos, e para elo disporemos de probas por categorías que abarquen todo tipo de idades. Iremos desglosando toda a información que nos vaia chegando das distintas competicións, pero para que vaiades botandolle un ollo, (ou un pé), aquí vos deixo unha imaxe do Track provisional da proba absoluta”, asegura a Pedramar.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios