Luns. 29.04.2024
El tiempo

A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte

A Carreira de Cabana deixa máis apretado o Circuto Correndo pola Costa da Morte
Moitos peques participaron na Carreira Dolmen de Dombate-Foto-Cabana Michel Antelo venceu na Carreira de Cabana

Segue apretada a Clasificación Xeral do Circuito Correndo pola Costa da Morte. Este sábado Cabana acollía a 7ª proba desta primeira edición do circuito costeiro, a I Carreira Popular Dolmen de Dombate. Foi todo un éxito de participación e organización, con centos de pequenos e maiores correndo polas estradas cabanesas.

No deportivo, a atención céntrase na categoría Sénior Masculina, onde un coristanqués e un vimiancés seguen pelexando polo título. Desta volta, o de Coristanco, Cristian Muíño, despois de vender en Corcubión non puido participar, e o seu perseguidor na clasificación xeral, o vimiancés Míchel Antelo, non perdeu ocasión para recurtar a vantaxe. Aínda terá que remar o de Vimianzo, pois Cristian leva só 6 puntos en 6 carreiras (un punto por cada 1º posto en cada carreira) polos 10 puntos que suma Míchel nas 5 carreiras que puido participar.

Míchel facía 35’30’’ en completar os 10 km, a proba raíña, e recibíu un fermoso trofeo, algo pouco habitual pola volta. 20 segundos máis empregou o carballés Andrés Eirís. Terceiro foi o compostelán Xosé Antón Barreiro, e nas primeiras posicións atopamos máis costeiros: o xalleiro Ricardo Villar na 6ª praza; os ceenses Kiko Lago e Javier Novo, 9º e 10º; o vimiancés Enrique Santos, 12º, ou o pontecesán Fernando García Lema, 13º; o carballés Mario Pardo (16º); o camariñán Manuel Canosa, 17º; o tamén carballés José Río Insua, 18º; ou o malpicán do Castro da Croa Marcos Ordóñez, 19º.

Unha demostración de que esto do atletismo está de moda na Costa da Morte.

Boa organizacion da Carreira Dolmen de Dombate en Cabana

Resultados no Championchipnorte

Comentarios