Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015

Dumbría e Pedro Nimo únense ao Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015
Ganadores do I Circuito de Carreiras Pedestres Correndo pola Costa da Morte 2014

Fantástica a experiencia con este I Circuíto de Carreiras Pedestres “Correndo pola Costa da Morte”. Máis de 2000 persoas participaron nalgunha das carreiras, e 100 inscritos para o Circuito obrigan a repetilo o ano que vén. Pero antes, o organizador e recentemente premiado, Club Deportivo Costa da Morte envíanos a relación dos gañadores de circuíto nas súas diferentes categorías.

Unha lista con bos nomes, e moitos da Costa da Morte. Vemos como na categoría Sénior, a máis rápida, foi o coristanqués Cristian Muíño o campión. Tamén temos campión costeiro na de Maiores de 40, o corcubionés José Manuel Lago Cés. De Zas chega a campiona maior de 50, Carmen García. E os premios locais leváronos os vimiancés Míchel Antelo e a ceense Belén Pérez.

II Circuito 2015

Pedro Nimo sera o padrino do Circuito Correndo pola Costa da Morte 2015

O acto de entrega de trofeos realizarase o próximo venres día 12 de decembro no auditorio da Casa de Cultura de Vimianzo.
Precisamente aproveitarán tamén a ocasión para facer a presentación da II Edición do Circuíto “Correndo pola Costa da Morte” no que a principal novidade será a inclusión no circuíto do Concello de Dumbría.

Ademais, despois de facer as xestións oportunas xa nos poden confirmar que esta nova edición terá como padriño do circuíto ao gran atleta galego Pedro Nimo, que se prestou encantado a colaborar e a asistir ao acto de presentación.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios