Luns. 29.04.2024
El tiempo

Míchel reduciu en Fisterra distancias no Circuito de Carreiras e xa pensa na cita muxiá

Míchel reduciu en Fisterra distancias no Circuito de Carreiras e xa pensa na cita muxiá
Carreira Pedestre de Fisterra-Foto-Santi Insua

Menudo día que fixo o pasado sábado 25 de outubro para a Carreira Pedestre de Fisterra, pertencente ao I Circuito de Carreiras Populares Costa da Morte. Uns 200 atletas, entre eles 70 na máxima categoría, encheron de deporte as rúas da vila do Cristo.

Coma sempre, a carreira dos 10K foi a máis esperada, i é que a Clasificación Xeral está máis que apretada. Podían aproveitar os perseguidores para recurtar puntos ante o coristanqués Cristian Muíño, que acodía á proba internacional de Santiago o domingo, quedando no posto 53º.

Podio do Carreira Pedestre de Fisterra-Foto-Santi Insua

O vimiancés Míchel Antelo recurtoulle puntos, tras quedar 2º por detrás de Alberto Carou Carril, do At. Bertamiráns, e por diante do zaense César Vázquez Agra. Completaron os primeiros postos moitos costeiros: se 4º foi o compostelán Xosé Antón Barreiro, 5º foi o vimiancés David Calzas, 6º o carballés dos Muditos Andrés Eirís Barca, 7º o xalleiro Gonzalo Silva Brenlla; 8º o ceense de Brens Arturo Pasantes, 9º, o corcubionés José Manuel Lago Cés, con aparición por aí do ceense Kiko Santiago (11º), o muradán José Ramón Mayo (12º), o laxense José Manuel Santos Pose (13º), os ceenses Juan Castiñeira (16º) e Javier Barrientos (17º), o vimiancés Jesús Santos (18º) ou o laxense Julio Romero (20º).

En féminas, a primeira costeira foi a vimiancesa Jenny Moledo París, que chegaba na 4ª posición, 58º da xeral.

Tantos nomes costeiros entre os primeiros dos 70 participantes, dan conta da moda que se está creando arredor do running na nosa bisbarra. E a gran participación nas categorías inferiores, cheas de rapaces do Olimpia, de Fisterra e de toda a volta, así o corroboran.

Categorias inferiores na Carreira de Fisterra-Foto-Santi Insua

Carreira en Lariño

Manu Dosil campion na Carreira de Larino

Esta fin de semana tamén tiña lugar a Carreira Salvemos o Faro de Lariño. Unha carreira na que mesmo competíu algún bravo que foi pola tarde a Fisterra. O campión foi o muradán Manu Dosil, por diante do veterán compostelán Xosé Antón Barreiro, que tamén correu en Fisterra. O ceense, alma do Olimpia, Jorge Lariño, quedou 3º, e o dumbriés Josecho González Rey, 6º, dous postos máis adiante que o mítico José Vicente Triki, que ademais da bibicleta tamén lle dá as carreiras.

Arturo Pasantes e Kiko de Brens en Larino e despois a Fisterra-Foto-Angeles Cambeiro

Pensando xa en Muxía

Carreira Pedestre de Muxia 2014

Deste xeito, os atletas xa preparan a I Carreira Pedestre de Muxía, que se disputará o vindeiro 16 de novembro. Poden inscribirse ata o mércores 12 para unha proba con este perfil.

Perfil da Carreira Pedestre de Muxia 2014

Os peques do Olimpia triunfan

Javier Rodriguez do Olimpia Campion Galego Infantil

O ceense Javier Rodríguez da Asociación Deportiva Olimpia proclamouse este domingo vencedor infantil da carreira popular galega con máis fama, prestixio e afluencia, a gran Carreira Popular Pedestre de Santiago que se celebra periódicamente o último domingo de outubro e que recolle a participantes procedentes de toda Galicia, de España e Portugal.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios