5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol

Familia do Anorthosis no Torneo de Ferrol

12 deportistas de tenis de mesa da comarca de Soneira desprazáronse a Ferrol o sábado e o domingo para participar no torneo internacional de tenis de mesa da cidade de Ferrol. O sábado foi a competición por categorías e nelas conseguiron moitos podiums, estes foron para:

Ana García, subcampioa absoluta do Torneo de Ferrol
  • Absoluto femenino: subcampioa, Ana García.
  • Infantil feminino: campioa, Miriam Domínguez
  • Infantil masculino: campión, Javier Rodríguez e 3º Adrián Riveiro.
  • Veterano +60: subcampión, Stevo Lema.
Stevo Lema, subcampion de Veteranos en Ferrol

Todos os demais tiveron unha gran actuación e demostraron que os entrenamentos intensos dan resultados e máis que darán no futuro. E tamén influiu en aumentar as gañas de entrenar e de participar no resto dos torneos.

Vindeira proba

Así a vindeiro fin de semana a familia Anorthosis de base vai ao provincial escolar, que se celebrará nas instalacións do Club del Mar de A Coruña o sábado, e o domingo o torneo de Oleiros no que se disputaran as distintas categorías.

Ao provincial escolar desprazaranse equipos de Mazaricos, Vimianzo e Zas, cun total de 8 equipos. Tamén irán equipos de A Baña, Outes e Noia cos que comparten concentracións e somos os que máis representantes aportan ao provincial.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
  • Anorthosis, da man de Stevo Lema.