Xoves. 10.10.2024
El tiempo

5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol

5 podios e moitas gañas para a familia Anorthosis no Torneo Internacional de Ferrol
Familia do Anorthosis noTorneo de Ferrol Familia do Anorthosis no Torneo de Ferrol

12 deportistas de tenis de mesa da comarca de Soneira desprazáronse a Ferrol o sábado e o domingo para participar no torneo internacional de tenis de mesa da cidade de Ferrol. O sábado foi a competición por categorías e nelas conseguiron moitos podiums, estes foron para:

Ana Garcia subcampioa absoluta do Torneo de Ferrol Ana García, subcampioa absoluta do Torneo de Ferrol
  • Absoluto femenino: subcampioa, Ana García.
  • Infantil feminino: campioa, Miriam Domínguez
  • Infantil masculino: campión, Javier Rodríguez e 3º Adrián Riveiro.
  • Veterano +60: subcampión, Stevo Lema.
Stevo Lema subcampion de Veteranos en Ferrol Stevo Lema, subcampion de Veteranos en Ferrol

Todos os demais tiveron unha gran actuación e demostraron que os entrenamentos intensos dan resultados e máis que darán no futuro. E tamén influiu en aumentar as gañas de entrenar e de participar no resto dos torneos.

Vindeira proba

Así a vindeiro fin de semana a familia Anorthosis de base vai ao provincial escolar, que se celebrará nas instalacións do Club del Mar de A Coruña o sábado, e o domingo o torneo de Oleiros no que se disputaran as distintas categorías.

Ao provincial escolar desprazaranse equipos de Mazaricos, Vimianzo e Zas, cun total de 8 equipos. Tamén irán equipos de A Baña, Outes e Noia cos que comparten concentracións e somos os que máis representantes aportan ao provincial.

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios