Mércores. 08.05.2024
El tiempo

O Ponciano Nieto prepara a festa do ascenso

O Ponciano Nieto prepara a festa do ascenso
Ponciano Nieto- Arteal Ventanas Xogadores do Ponciano Nieto e Arteal Ventanas

Poucos encontros se disputaron a pasada fin de semana, todos de 2ª División Galega, na que o Concello de Zas Ponciano Nieto manda con moita vantaxe sobre os seus perseguidores e xa ten practicamente asegurado o ascenso.

Resultados

  • Bodegas Güiusseppe Anthony - Concello de Zas Ponciano Nieto 0-6 (1-18)
  • Concello de Mazaricos - Concello de Zas Cernadas 3-3 (11-9)
  • Monte Porreiro Abanca - Vimianzo TM 4-2 (14-9)

Xa se preveia o resultado de Concello de Zas Ponciano Nieto en Ribadumia ante as benxamíns, agora só lle quedan conseguir 4 puntos máis para ter matematicamente o ascenso, e conseguirao se non pasa nada raro o próximo sábado contra os de Oroso.

O derbi dos equipos de Mazaricos e Cernadas prevase disputado e a verdade eé que o foi xa dende o venres cando entrenaron xuntos, e obviamente non se enfrentaron para dexar as disputas para o sábado, aquí sempre facemos bo aquilo de "amiguiños sí, pero a vaquiña polo que vale". Ao final un empate que deixou satisfeitos a todos e máis despois da merenda que tomaron xuntos. Os puntos de Concello de Mazaricos foron de Javier Rodríguez (2) e Martín Paris (1), José A. Lado perdeu os dous partidos. Os puntos do Concello de Zas Cernadas foron de Joel (2) e Raúl (1), tameń xogaron as benxaminas Tatiana e Lara.

O domingo pola mañá emperzou moi ben o Vimianzo TM coas dúas vitorias de Adrián Riveiro e David Roget, e incluso Lucía contaxiado polo xogo dos compañeiros facía moi bos partdos, pero todo se quedou aí. Logo da 1ª ronda desfondaronse nos ánimos e no xogo e deixaronse superar polos pontevedreses que en ningún momento foron superiores, pero así siguen loitando polo 2º posto. Servirá de experiencia.

Partidos da 1ª Nacional Feminina

  • CTM Coruña - Aluminios Xeal 6-0.
  • Cidade de Narón - Aluminios Xeal 5-1.

Non conseguiron bos resultados as nosas xogadoras neste desprazamento a Narón, que esperan mellorar na última xornada. Será cuestión de traballo e mentalizarse de que si poden aspirar a maiores metas.

Vindeira xornada

Este sábado 12 de marzo:

  • No ximnasio do CPI de Zas 2ª división galega:
    - Ás 16'00 h. Concello de Zas Cernadas - Oroso Trastes.
    - Ás 18'00 f. Concello de Zas Ponciano Nieto - Oroso Trastes.
  • Nas instalacións do Club del Mar e A Coruña, 3ª divsión nacional:
    - Ás 17'00 h. Club del Mar Promesas - Anorthosis Vimianzo.
  • Nas instalacións da S.D. Hípica de A Coruña:
    - Ás 17'00 h. Club del Mar - Concello de Zas O Pinar.
    - Ás 18'30 h. HÍpica Coruña - Concello de Zas O Pinar.

O domingo 13 de marzo en Monte Porreiro Pontevedra, 2ª división galega:
- Ás 11'00 h. Monte Porreiro Abanca - Concello de Mazarcos.

Máis información

Novas relacionadas

Crónicas da temporada pasada

Fonte

Comentarios