500 deportistas de toda a península encherán Cee de deportes de contacto


Nada menos que 500 deportistas chegados de toda a península enchegarán Cee durante toda a fin de semana no I Torneo Interautonómico FITE 2013. Así o explicou o Club Cee Deportes de Contacto na presentación desta mañá, nunha competición que conta co apoio de Ferroatlántica, E.S. Bazarra e do Concello de Cee.
No evento participarán preto de cincocentos competidores de distintos puntos da xeografía nacional e internacional, tendo confirmada a súa presencia competidores nacionais de Galicia, Madrid, Andalucía, Valencia, Aragón, Canarias e Baleares.
As modalidades de competición do Torneo serán as de formas tradicionais (tul) e combate libre individuais. Neste torneo participará a élite do Taekwon-Do ITF nacional xa que será puntuable para formar a selección que a Federación levará a participar no Europeo de Taekwon-Do ITF 2013, que se celebrará en Eslovenia do 22 ao 29 de abril e no Mundial que terá lugar en Bulgaria do 15 ao 21 de xullo.
No acto de presentación, que tivo lugar no salón de plenos do Concello de Cee, estiveron presentes o Presidente da FITE, (Carlos Martín Requejo), a alcaldesa de Cee (Zaira Rodríguez Pérez), o tenente alcalde do Concello de Cee (Daniel Oca González), a concelleira de Educación, Cultura e Deportes do Concello de Cee (Mª José Fandiño Blanco) o presidente do Club Cee Deportes de Contacto (Roberto González López) e o director das fábricas de Ferroatlántica de Cee y Dumbría (Carlos Oliete).

Axenda do I Torneo Interautonómico FITE 2013
- Venres 8 de marzo, de 19:00 a 23:00h: Pesada, recidimento, inscricións.
- Sábado 9 de marzo:
- De 8:00 a 10:00h: pesada e inscricións.
- De 9.15 a 9.45h: Reunión de árbitros, xuíces e coachs e Breve exposición achega do reglamento e outras consideracións a ter en conta durante o evento.
- Ás 10:00h: Inicio da competición e Presentación oficial do campionato.- Ás 10:20h: Tul infantil (MASCULINO e FEMININO).- Ás 12:30h: Combate infantís, todas as categorías. - Ás 14:00h: Receso para comer e para descanso do equipo arbitral. - Ás 15:30h: Combate infantís, ata finalizar categorías.- Ás 20:30h: Final competición infantil. - Domingo 10 de marzo:
- De 10:00h a 14:00h: Competición xuvenís e adultos.
- Ás 14:00h: Clausura.
- De 16:00 a 17:30h: Adestramento selectivo para aspirantes a formar a selección que participará no Europeo e o Mundial.Novas relacionadas
Fonte
- Club Cee Deportes de Contacto.