Martes. 15.10.2024
El tiempo

Sesións con DaFIT: Novas tendencias culinarias

Sesións con DaFIT: Novas tendencias culinarias
Ó igual que no mundo da moda, existen certos alimentos que causan furor durante unha tempada. ¿Sóavos “zoodle”, “beertails” ou “freekeh”? ou máis ben,  ¿sóanvos a chino estes  conceptos? Os zoodles, son verduras espiralizadas ou espaguetis vexetais (de cabaciña, cenorias ou remolacha, por exemplo) de feito, o espirilizador é un dos últimos utensilios de moda na cociña, arrasando en ventas as navidades pasadas. Os beertails, consisten, basicamente, en mesturar cervexa con calquera outra bebida que se terce (cava, zume, sidra, etcétera.).  Por último, o freekeh  é trigo verde tostado que se emprega como substituto do arroz, formando parte de recheos ou ensaladas, por exemplo. Tendencias culinarias que se están facendo populares e ás cales lle atribuímos o adxectivo “novidosas”. En relación con isto, apetécenos falar arredor dos superfoods ou superalimentos,un concepto que carece de rigor científico pero que está moi de moda e, é tendencia. Superalimento: defínense a aqueles alimentos con gran cantidade de nutrinte, que son necesarios para o organismo e que ademais aportan beneficios extra á saúde. Falaremos das propiedades e procedencias dalgúns deles pero centrándonos, exclusivamente, nos grans e cereais. Todos eles caracterizados por conter os grupos principais de nutrintes: hidratos de carbonos complexos, fibra, ácidos graxas , vitaminas, minerais, ser fontes de proteínas, así como aportar propiedades antioxidantes. Instagram: COMECONDAFIT. Merenda SpecialDafit.         ··Kiwi, chía, iogur natural, puré de mango e topping de coco·· Instagram: COMECONDAFIT. Merenda SpecialDafit. ··Kiwi, chía, iogur natural, puré de mango e topping de coco·· Chía, quinoa, açaí, lino, mijo, kamut, bulgur, amaranto, matcha, maca, etcétera. Grans, semillas e cereais, pequenos e descoñecidos, que están a gañar popularidade debido ás súas propiedades. Máis que novidosas son alleos ó gran público, xa que sempre estiveron relacionadas co cultivo e consumo de subsistencia. Ben sexa en gran, cereais ou moídas son moi fácil de incorporar ós nosos menús diarios, no almorzo, na comida, na merenda ou na cea. Con leite, zume, iogures, café, como acompañamento, en ensaladas, nas salsas, na elaboración de pan ou incluso para empenar, etcétera.
  • Açaí: (bayas de Açaí). Orixinal da rexión amazónica esta pequena froita de cor púrpura escuro e cun sabor amargo característico similar ó chocolate negro, pola súa forma pode recordarnos ós arándanos. Sóese atopar en po para o consumo. É un depurador e antioxidante (antocianinos) natural, moi efectivo. Posúe vitaminas A e C que fortalecen o sistema inmunolóxico (defensas), a pel e a formación de glóbulos vermellos.
  • Chía: orixinaria de México e Guatemala  é un pseudocereal pertencente á familia da menta.É clasificada como unha das máis valiosas a nivel nutricional.  A mellor soe ser a de cor negra ou branca e a marrón soe ser a de peor calidade. Contén moita fibra e potasio, ácidos graxos, antioxidantes e é unha boa fonte de proteína.
  • Quínoa, quinua, kinwa: cultivo milenario andino con, mínimo, 3000 anos de historia, Bolivia , Perú e Ecuador son os exportadores máis importantes. É un pseudocereal, que presenta un elevado aporte de proteínas, é rica en minerais e especialmente en ferro e completando o seu aporte en fósforo, calcio, manganeso e potasio e unha importante cantidade de vitaminas (C,E, B1, B2, B3 e ácido fólico).
  • Sésamo ou Ajonjolí: calcio, zinc, fibra e manganeso. Axudan a combater o colesterol, reducir a presión arterial e protexer o organismo de danos no fígado. Algúns estudos din que prevén enfermidades como a migraña, menopausa ou a osteoporose. Son moi saciantes e teñen un alto contido en calcio.
  • Linaza ou semillas de lino:  gran fonte de ácidos graxos omega 3  e omega 6, con enzimas dixestivas que favorecen a dixestión e o tránsito intestinal, con vitaminas E e B así como un gran aporte de minerais: ferro, zinc, manganeso, calcio, potasio, cobre, níquel, fósforo, entre outros. Sóense tomar moídas para evitar gases.
  • Teff: orixinario de Etiopía é tamén un pseudocereal rico en hidratos de absorción lenta, dixírese moi rápido e aporta enerxía. Contén os oito aminoácidos esenciais e moito ferro.  Consúmese en forma de copos como a avena ou en fariña.
  • Espelta: é un cereal, unha variante do trigo primitivo, menos calórica e con maior contido de proteínas e nutrintes. Ten un alto contido en fibra e entre as súas virtudes atopase a de mellorar proporcionar cantidade de vitamina B e potasio, betacarotenos, manganeso, fósforo e ferro.
Instagram ComeconDafit Podemos observar que todos son un gran aporte de fibra, minerais e ácidos graxos, o  obstáculo co que topamos: dar coa dose exacta. Como todo carbohidrato, aínda que da enerxía ó corpo, no ven exento de calorías. Tamén son superalimentos o té verde, a stevia, as améndoas, a algarroba, as bayas de Goji, o sirope de agave, a espirulina, o tofu, o wakame,  os tomates, un longo etcétera. Non exclusivamente os cereais. Está claro que non hai alimentos milagre pero un consumo variado e moderado chega a garantir, unha vida máis san, polo que non estamos a dar  carta branca ó consumo destes superalimentos. Xa sabedes, ser foodie  está de moda, o interese por cociñar na casa e polos realities de cociña conseguiron que cociñar sexa algo trending, divertido e social. Dende DaFit postúlase a favor de esta idea, xa que resulta máis saudable e tamén máis barato (a curto e longo prazo) que comer fóra, as modas o que conseguen é achegar ingredientes cada  vez máis variados co cal conseguimos receitas máis exóticas ou diferentes ás habituais. Aínda que tamén creemos que se debe dar importancia ó produto de tempada e, como non, sobre todo ó produto  local. A disfrutar do día e da cociña!  

Sesións con Dafit

Máis información

Dafit seguenos

Fonte

  • Enlace patrocinado.

Comentarios