Mércores. 09.10.2024
El tiempo

7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo

7 bronces no campionato Galego de Promesas para o taekwondo costeiro e un ouro en judo
O judoka Brais Fernández co seu entrenador Juan Carlos

Doble boa nova para as artes marciais costeiras. Por unha banda, o carnotán Sergio Caamaño proclamábase campión galego de Judo, e pola outra, o Clube Arte e Movemento presentaba a 12 deportistas no campionato Galego de Promesas de Taekwondo que se celebrou en Cangas o pasado sábado. E cunha boa colleita. A competición durou toda a xornada sabatina e o balance dificilmente puido ser mellor: 7 medallas, todas de bronce, para os nosos.

Os medallistas do clube da Costa foron:

  • Gonzalo Martínez (Muxía).
  • Patricia Túñez (Cee).
  • Diana Touriñan (Muxía).
  • Ismael Senande (Carnota).
  • Brais Fernández (Carnota).
  • Manuel Alonso (Cee).
  • Marcos Rodríguez (Carnota).

O seu entrenador Juan Carlos Díaz quere destacar o papel que defenderon Brais Fernández e Ismael Senande, que eran os máis novos dos competidores de Arte e Movemento. Sendo este o seu primeiro ano na categoría cadete, ambos gañaron dous combates e foi no 3º combate de semifinais, onde ambos caeron. Pero está moi satisfeito cos bronces destes dous rapaces, que estan xa prometendo un futuro fantástico para o taekwondo Arte e Movemento.

Combate Ismael Senande

Máis éxitos

Estas medallas únense á que a semana anterior gañaba Sergio Caamaño, o liracho que se proclamaba na Coruña campión galego.

O liracho Sergio Caamano quedou Campion Galego

Novas relacionadas

  • Cristian e Laura ascenden á primeira división do baile deportivo.
  • a href="/articulo/outros-deportes/9-medallas-na-copa-xunta-para-o-taekwondo-costeiro/20121127070638071685.html">9 medallas na Copa Xunta para o taekwondo costeiro.
  • Dous deportistas e dous bronces para o taekwondo costeiro nos Campionatos galegos junior.
  • O carnotán Anxo Fernández, medalla de bronce no Campionato de España.
  • Dous carnotáns fan historia no Campionato Galego Cadete de Taekwondo.
  • Fonte

    • Arte e Movemento.

    Comentarios