Venres. 26.04.2024
El tiempo

8 equipos participan nunha suculenta Copa Deputación

8 equipos participan nunha suculenta Copa Deputación
MC diante de Martin no Baio-Sofan-Foto-Santi Diaz Baio e Sofán enfrontaranse na Copa Deputación-Foto-Santi Diaz

Cincuenta e oito equipos da provincia disputarán a XXVIII edición da Copa de Fútbol Deputación da Coruña. Entre eles, temos 8 equipos da bisbarra, os que participaron este pasado curso na Preferente e na 1ª Autonómica. Os clubes repartiranse 152.950 euros en premios en función da súa categoría e dos logros deportivos que acaden ao longo da competición. O premio final será de 8.000 euros para o equipo gañador, pero cada eliminatoria vale un bo feixe de cartos. Así por participar levarán 750€ os equipos da Pref. e 450 os de 1ª pasar a previa serán 750€ (375 os que non pasen), por pasar de Dezaseisavos levarán 1100€ (e 600€ para os perdedores); 1500 para os que superen os Oitavos (600 máis para os perdedores), 2000 para os 4 equipos que pasen de Cuartos (1000 para os 4 cuartofinalistas perdedores); 2400 para cada un dos gañadores das semis (1900 para os perdedores nas semis) e 8000, en total, para o campión (quedando nun total de 4000 para o subcampión).

E teremos varios partidos interesanyes, como un Baio-Sofán, ou un Soneira-Malpica para comezar na Previa. Na primeira Eliminatoria o Xallas enfrontarase ao que venza entre soneiráns e malpicáns, mentres o vencedor de baieses e sofanistas enfrontarase ao Orillamar. O Outes-Dumbría será un partidazo e o Corme enfrontarase ao que venza do choque santiagués entre Palmeira e Lesende.

Sorteo da Copa Deputacion Sorteo da Copa Deputación

Equipos participantes

  • 2ª División B (3 equipos): Racing Club de Ferrol; Sociedade Deportiva Compostela e Club Unión Deportiva Somozas.
  • 3ª División (10 equipos): Bergantiños C.F.; C.C.D. Cerceda; C.D. As Pontes; C.D. Boiro; C.F. Noia; Órdes S.D.; R.D. Deportivo “B” SAD; S.D. Negreira; S.D.C. Galicia Mugardos e Silva S.D.
  • Preferente Autonómica (13 equipos): Atlético Arteixo; Atlético Riveira; Bertamiráns C.F.; C.F. Dumbría,; C.S.D. Arzúa; Dubra S.D.; Laracha C.F.; Paiosaco-Hierros Añón; Puebla C.F. ; S. D. O Val; S.D. Villestro; Sporting Sada e Xallas C.F.
  • 1ª Autonómica (32quipos): A.D. Miño; Betanzos C.F.; Boimorto C.F. ; C.D. Bayo; C.D. Unión; Cedeira S.D.; Club do Mar de Caión; Corme C.F.; Eume Deportivo; Flavia S.D.; Imperator O.A. R.; Lesende C.F.C. Lousame; Malpica S.D.C.; Maravillas S.D.; Marino C.F.; Olímpico C.F.; Orillamar S.D.; Outes C.F.; Rápido de Neda; S.D. Brexo Lema; S.D. Carcacia; S.D. Sofán; S.E. Abellá S.D.C.; S.H. Palmeira; San Tirso S.D.; Sigüeiro C.F.; Soneira S.D.; Sporting Ciudead AC y D; Tordoia C.F.; U.D. Carral; Val do Ulla U.D. e Victora C.F.

Emparellamentos e calendario da competición

ELIMINATORIA PREVIA (27 de xullo)

  • Primeira Ferrol (A): Cedeira, S.D. – A.D. Miño.
  • Primeira Ferrol (B): Rápido de Neda – Eume Deportivo.
  • Primeira Coruña (A): Maravillas S.D. – Boimorto C.F.
  • Primeira Coruña (B): Victoria C.F. – Imperator O.A.R..
  • Primeira Costa (A): C.D. Baio – S.D. Sofán.
  • Primeira Costa (B): Soneira S.D. – S.C.D. Malpica.
  • Primeira Santiago (A): S.H. Palmeira – Lesende.
  • Primeira Santiago (B): Carcacia – C.D. Unión.
 

PRIMEIRA ELIMINATORIA (31 de Xullo)

  • A1: Ganador Costa (B) – Xallas C.F.
  • A2: Betanzos C.F. – Laracha C.F.
  • A3: Ganador Primeira Coruña (B) – Atlético Arteixo
  • A4: S.E. Abellá S.D.C. – Esporting Sada
  • A5: Ganador Primeira Santiago (B) – Bertamiráns C.F.
  • A6: Ganador Primeira Ferrol (B) – S.D. O Val
  • A7: U.D. Val do Ulla – S.D. Villestro
  • A8: Sigüeiro C.F. – Atlético Ribeira
  • A9: Flavia S.D. – Puebla C.F.
  • A10: Outes C.F. – F.C. Dumbría
  • A11: Tordoia C.F. – C.S.D. Arzúa
  • A12: U.D. Carral – U.D. Paiosaco
  • A13: Marino C.F. – Sporting Ciudad A.C. Y D.
  • A14: Olímpico C.F. – S.D. Santirso
  • A15: Ganador Primeira Coruña (A) – Brexo Lema
  • A16: Gañador Primeira Ferrol (A) – Club del Mari Caión
  • A17: Orillamar S.D. – Gañador Primeira Costa (A)
  • A18: Gañador Primeira Santiago (A) – Corme C.F.
 

DEZASEISAVOS DE FINAL (3 de Agosto)

  • B1: A2 – Galicia Mugardos
  • B2: A11 – Bergantiños C.F.
  • B3: A9 – C.D. Boiro
  • B4: A17 – Silva S.D.
  • B5: A4 – C.D. As Pontes
  • B6: A6 – U.D. Somozas
  • B7: A3 – Órdes S.D.
  • B8: A18 – S.D. Compostela
  • B9: A10 – Dubra S.D.
  • B10: A14 – C.C.D. Cerceda
  • B11: A8 – Racing Club de Ferrol
  • B12: A5 – R.C. Deportivo B
  • B13: A12 – C.F. Noia
  • B14: A13 – S.D. Negreira
  • B15: A16 – A15
  • B16: A7 – A1
 

OITAVOS DE FINAL (7 agosto)

  • B15 – B15 (C1)
  • B8 – B13 (C2)
  • B2 – B10 (C3)
  • B6 – B16 (C4)
  • B12 – B1 (C5)
  • B1 – B14 (C6)
  • B3 – B7 (C7)
  • B9 – B4 (C8)
 

CUARTOS DE FINAL (10 de agosto)

  • C8 – C6 (D1)
  • C2 – C4 (D2)
  • C5 – C1 (D3)
  • C7 – C3 (D4)
 

SEMIFINAIS (14 de agosto)

  • D4 – D2 (E1)
  • D3 – D1 (E2).
 

FINAL (Agosto Fecha por confirmar)

  • E1 - E2.
 

Fonte

  • Deputación.

Comentarios