A 1ª Autonómica de Balonmán ten lider con sabor a mar

O Balonmán Camariñas Conservas Boya é o novo líder da 1ª Autonómica (2ª Nacional). Os de Dioni Quenlle venceron na Guarda por 27-29. O Camariñas sacou a súa caste e o seu bo facer defensivo para consolidarse no posto mais alto da clasificación e se colocan con 3 vitorias e 1 empate na Liguiña polo título.
E ollo, que este vindeiro sábado queren encher o pavillón do Areal para acadar unha nova vitoria ante o Carballal, segundo na táboa. A cita será o sábado día 12 ás 6 e media da tarde.

Datos do encontro
- Resultado: At. Guardés, 27 - Boya Balonmán Camariñas, 29.
- Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Alna (2), Fari (3), Diego Alonso, Felipe (4), Quin (9), Moncho, Salva (4), Lorenzo, Catalán (1), José Ramón (2), Xabi, Perón (4).
Vitoria moi traballada do Club Balonmán Camariñas Conservas Boya, que aos poucos se foi facendo co control do partido, para rematalo nos últimos minutos do encontro, con moito traballo e constancia, sen deixarse influír polo factor cancha e polo axustado do resultado. O Camariñas sacou a súa caste e o seu bo facer defensivo para consolidarse no posto máis alto da clasificación, e consolidarse como equipo revelación na fase de loita polo título.
Cómpre destacar a gran defensa camariñá e o labor da súa primeira liña, e por parte local destacaríamos o seu conxunto.
Vindeira cita
O vindeiro sábado día 12 ás 6 e media da tarde no Pavillón municipal "O Areal" de Camariñas terá lugar un encontro transcendental para esta liga, enfrontaranse o Camariñas 1er clasificado contra o Carballal de Vigo, segundo clasificado, que na primeira fase da liga gañou en Camariñas, pero agora as circunstancias son distintas, o Camariñas está imbatido e tanto os ánimos como a motivación, son ben distintos.Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.