A afección do Conservas Boya fai seguir soñando ao equipo camariñán

09:26 15/02/11
Cunha aficción como esta, sen ningunha dúbida pódese seguir soñando. Así o apuntan dende Camariñas tralo partidazo no Areal desta fin de semana no que véncía ao At. Novás Carballal por 34-26. O Carballal, que chegaba segundo clasificado tralo equipo conserveiro, e ao que todos cualificaban de aspirante ao ascenso, foi a pedra de toque para a confirmación de que o Conservas xa é unha alternativa posible ao ascenso, entre os equipos aspirantes, o propio Carballal, Viña Costeira, Bueu e Cangas.
Deste xeito, e tras 5 xornadas disputadas da Liguiña polo ascenso, o Conservas Boya lidera xustamente a clasificación do grupo na fase de ascenso da 1ª Autonómica (2ª Nacional).
Datos do encontro

- Resultado: Boya Balonmán Camariñas, 34 - Atl. Novás, 26.
- Conservas Boya: Félix (p), Víctor (p), Alan (6), Fari, Diego Alonso, Felipe (5), Quin (4), Canedo (2), Moncho (6), Salva (2), Catalán (2), José Ramón (1), Perón (6).
Vindeira cita
O vindeiro sábado o Conservas Aboia xoga no Pavillón vigués de Coia contra o Seis do Nadal, posiblemente ás 20:30h.Máis información
Novas relacionadas
- O Balonmán Camariñas consegue a sorpresa da xornada e non renuncia a nada.
- Empate amargo do Balomán Camariñas no seu debut na Liga polo título.
- Bruno López deixa o banco do Balonmán Encaixe.
- O Balonmán Camariñas celebra o seu pase á seguinte fase cunha visita a Cerdeimar e unha boa verbena.
- O Balonmán Camariñas loitará polo título e o celebra cunha festa de Nadal.
Máis novas
Fonte
- Nota de prensa do Balonmán Camariñas da man de Perfecto.