![]()
Cun toque máis atractivo, asociación Cherinkas e o clube de atletismo Terra de Soneira están a organizar a
II Kronoeskala en Vimianzo; actividade que recuperaron o ano pasado os membros da Cherinkas.
A proba, que será o
20 de maio, consistirá nunha contra o reloxo pola carreteira que une a Esquipa - Cereixo - e o campo da Areosa, cunha distancia de 6,6 quilómetros e un perfil claramente ascendente. A proba combina dúas disciplinas - a pé e en bici - e os participantes poderán escoller entre facer unha ou as dúas probas. Haberá premios para os gañadores de cada proba e tamén para o gañador da combinación das dúas.
Como participar
Primeiramente terá lugar a proba a pé que comezará ás 15:30 horas e a proba en bici está programada para comezar ás 17 horas. Os interesados en participar deberán inscribirse no portal
www.championchipnorte.com ata o xoves 18 de maio. O
custe da inscrición é de 3€ para participar nunha proba e de 5€ para os que participen nas dúas. As bases poden consultarse no portal das inscricións, e nelas recóllense todos os detalles do evento.
O punto de recollida de dorsais estará situado na meta -
situada no campo de Areosa -. O desprazamento dende a meta á saída corre a cargo da organización, pero os participantes deberán estar, o máis tarde, ás 15 horas na zona de meta.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- A.C. Cherinkas