Venres. 20.09.2019
El tiempo

A Carreira Popular de Carballo agarda un milleiro de atletas

A Carreira Popular de Carballo agarda un milleiro de atletas
carreira popular  carballo 2012

Aínda quedan mes e medio para ese 17 de xuño, pero os atletas da zona xa se preparan para a II Carreira Popular 10 Km Concello de Carballo. E a cousa vén forte, pois a organización espera que participen arredor de 1.000 corredores, entre os que estará Manuel Oliver, Manute, gañador absoluto da edición anterior da carreira, que tamén participou na presentación oficial da proba.

Entre as novidades desta segunda edición, hai que subliñar a incorporación da categoría junior, ou a separación en tres da dos veteranos.
Está previsto entregar un total de 58 trofeos, entre os que destacan o 1º Premio para os participantes carballeses, tanto masculino como feminino; un galardón para o atleta de maior idade ou un para quen acade o récord da proba, que o ano pasado estableceu o propio Manuel Oliver, Manute, gañador da carreira.

Dende a organización queren subliñar o feito de que a proba sexa gratuíta, e agradecen a colaboración dos patrocinadores (xa confirmados Alquileres Reneymar, Begano e La Caixa), así como de todas as entidades que voluntariamente contribúen á celebración da cita: Asociación Deportiva Media Ducia, Clube Ciclista Carballo-Placasa, Agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carballo, Brigada de Obras e Colexio Oficial de Fisioterapeutas de Galicia.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios