O XIX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar’ xa ten cartel feito na escola

O Concello de Muros fixo públicos os resultados do concurso de carteis das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar’.
Os centros de ensino implicáronse no certame con multitude de propostas resultando como cartel gañador no ciclo de Educación Infantil foi ‘A mares’, do 4º curso de Educación Infantil do CEIP Ramón de Artaza e Malvárez.
No ciclo de Educación Primaria, o cartel gañador foi ‘O salto de Manoliño’, de Julia Monteagudo Gallardo, Leire Piñeiro París e Martina Rodríguez Nieto, do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.
O cartel gañador no ciclo de Educación Secundaria foi ‘O mar a través dunha fiestra’, de Ainhoa Morillo Vázquez e Julia Rodríguez Rey, do IES As Insuas.
Por último, o cartel gañador e anunciador das XIX Xornadas de Cultura Mariñeira ‘Muros Mira ao Mar’ é ‘O salto de Manoliño’, de Julia Monteagudo Gallardo, Leire Piñeiro París e Martina Rodríguez Nieto, do CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío.
Máis novas