Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Costa xa ten un campión galego de Tiro con Arco e dous terceiros

A Costa xa ten un campión galego de Tiro con Arco e dous terceiros

Tremenda a participación costeira no XXIV Campionato Galego de sala de Tiro con Arco, nas categorías Arco Recurvo e Composto, Veterano, Sénior e Júnior, ademais do IV Campionato Galego de sala en Arco Tradicional e Arco Desnudo. Participaban un total de 176 arqueiros, a máis numerosa de toda a historia destes campionatos. E nesta ocasión a nosa comarca estivo representada por dous clubes o "Dous x setenta" de Vimianzo e o "Su a Agra" de Baio, as dúas familias de arqueiros da Costa da Morte.

E a súa participación non foi testemuñal, se non que voltaron con premio. "Un campión galego en arco desnudo (o baiés Santiago Soneira), un terceiro en recurvo veterano (o vimiancés Jose M. Lema) e unha campiona de recurvo junior (a baiesa Adriana Velo)", entre outros bos resultados, dá conta dos avances na materia dos nosos deportistas. Iso si, tiveron que sufrir o frío do pavillón de Silleda, e mentres eles quentaban as mans como podían no pavillón, fóra mesmo nevaba.

Por parte vimiancesa, ademais Martín López Paz quedou no 18º posto na categoría recurvo senior masculino; e Víctor Santos Vidal 38º posto na categoría recurvo senior masculino.
Por parte dos arqueiros de Su A Agra acadaron os seguintes resultados: Santiago Soneira Muiño 1º posto (Campión Galego) na categoría de arco desnudo senior masculino. Adriana Velo Amigo 3ª posto na categoría recurvo junior femenino. Jennifer Villar Blanco 4º posto na categoría recurvo junior femenino. Elena Miranda Espasandín 5º posto na categoría recurvo junior femenino. Jesús Lamas Canosa 5º posto na categoría tradicional senior masculino. Mario Blanco Pérez 6º posto na categoría recurvo junior masculino. Damián Pardiñas Rodríguez 7º na categoría recurvo junior masculino.

Tras esta boa actuación dos clubes da comarca, esperamos se consoliden nas vindeiras probas que xa seran en aire libre e a maiores distancias xa que a tempada de tiro en sala non volvera ata finais deste ano 2012.

Clasificacións

Por parte dos arqueiros de Dous x Setenta acadaron os seguintes resultados:

  • José María Lema Sanz: 3º posto na categoría recurvo veterano masculino.
  • Martín López Paz: 18º posto na categoría recurvo senior masculino.
  • Víctor Santos Vidal: 38º posto na categoría recurvo senior masculino.

Por parte dos arqueiros de Su A Agra acadaron os seguintes resultados:

  • Santiago Soneira Muíño: 1º posto (Campión Galego) na categoría de arco desnudo senior masculino.
  • Adrián Velo Amigo: 3º posto na categoría recurvo junior femenino.
  • Jennifer Villar Blanco: 4º posto na categoría recurvo junior femenino.
  • Elena Miranda Espasandín: 5º posto na categoría recurvo junior femenino.
  • Jesús Lamas Canosa: 5º posto na categoría tradicional senior masculino.
  • Mario Blanco Pérez: 6º posto na categoría recurvo junior masculino.
  • Damián Pardiñas Rodríguez: 7º na categoría recurvo junior masculino.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios