Mércores. 09.10.2024
El tiempo

“A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”

“A creación do primeiro equipo sénior feminino é unha chulada para o Carballo Basket”
Marcos Díaz Molk é o novo presidente do Carballo Basket Marcos Díaz Molk é o novo presidente do Carballo Basket

Falamos con Marcos Molk, novo presidente das Escolas Basket Xiria de Carballo, que nos conta como se perfila este curso 16/17.

 
  • QPC: Vén de deixar o cargo Diego Vázquez Reino, e xa ten relevo. Foi doada a transición?

Pois a idea é seguir unha liña continuista coa idea de seguir facendo medrar a canteira, despois do gran traballo de Diego e de Bernardo, o ex vicepresidente. Incorporamos á directiva a Caros Taibo, que xa fóra xogador, e a Javir Millán.

 
  • QPC: Canta xente move o Basket Xiria en Bergantiños?

Pois o Basket Xiria conta cuns 500 rapaces ao seu cargo: uns 160 nenos en Carballo, aos que hai que engadirlle os 130 do Artai, colexio vinculado ao club, 100 nenos nas Escolas de Laracha e 50 das de Ponteceso, dúas escolas dependentes do Xiria, e a de Ponteceso neste o que foi o seu primeiro ano e con moito futuro.

 
  • QPC: Que novidades afronta o club?

A principal é a creación do primeiro equipo séniro feminino da historia. É unha chulada. Empezan en 2ª Autonómica, e as rapazs están superilusionadas. Adiantaron un mes a pretemporada… É unha demostración do noso traballo de canteira, pois son case todas rapazas da contorna (das escolas de Laracha, Ponteceso…) que levan toda a vida nas Escolas, e que chegados a este punto tiraron para conseguir facer o equipo.

É unha das cousas das que máis orgullosos estamos porque temos no club un 40% de rapazas por un 60% de chicos, algo que non se ver en ningunha disciplina deportiva pola zona. Temos unha fichaxe, Silvia Millán, que vén de Santiago, con só 17 anos, irmá de Blanca Millán que están en EEUU demostrando a súa calidade.

Carballo Basket Xiria feminino 16-17 O primeiro equipo sénior feminino da historia do Carballo Basket xa está adestrando  
  • QPC: Que obxectivos tendes para o primeiro equipo?

Temos varias novidades nun equipo no que a principal baixa é a de Enrique Melini, un rapaz moi novo pero xa internacional, que marchou ao Peleteiro. Con el os obxectivos serían outros. Sen el tocará loitar por manter a categoría.

 
  • QPC: Como foi a campaña de fichaxes?

En canto a altas fichamos a Manu Rei, un histórico que volve a casa. E estamos á espera dun pívot, a ver se sae algo. O novo adestrador será Arturo Ferraces, o actual coordinador das Escolas, un home de Santiago pero xa da casa despois de 10 anos aquí. É un dos culpables do gran éxito da nosa canteira.

 
  • QPC: Que tal os froitos do convenio de filialidade co Leyma Basquet Coruña?

Pois o ano pasado tivemos a Cheik, que nos puido ter dado algo máis, pero que este ano non segue. Veremos se nos axudan a atopar ese pívot que necesitamos e que para o Leyma pode servir para darlle minutos.

 
  • QPC: E para a canteira, que obxectivos tendes?

O benxamín podería pensar e buscar o ascenso á Liga Galega, pero o noso obxectivo real é seguir medrando, máis alá dos resultados. Queremos afianzar as escolas de Ponteceso e Laracha, e este ano seguimos sementado, e propuxemos a idea en Malpica e Coristanco. A ver se se saen adiante.

Fonte

Comentarios