Mércores. 06.11.2024
El tiempo

A directiva do Porteño destitúe a Litos

A directiva do Porteño destitúe a Litos
Image Na noite de onte e tras unha longa reunión, a directiva do Porteño tomaron a decisión de destituír o ata onte adestrador do Porteño Litos. Será Javier Baña, secretario do clube o que se faga cargo do equipo ata concretar a fichaxe do novo adestrador, polo que cando menos terá que traballar co equipo ata o vindeiro luns. Xa está concretado pero ata a semana que vén non se coñecerá o nome do novo adestrador da Grixa. Os motivos da destitución non son outros que os meramente deportivos. "O Porteño tamén quere agradecer a Litos, como así llo fixo saber en devandita reunión, o traballo prestado a este clube", afirman no comunicado que o clube emitiu esta mañá. Litos, de 34 anos, é o segundo adestrador máis novo da Costa da Morte, tralo esteirán Marcelo. Esta era a súa primeira experinecia no banquiño, pero pasa a ser o primeiro míster destituido da tempada, tan só 4 xornadas despois do comezo da campaña.

Máis información

Comentarios