![RFGF e Asociacion de Clubs Veteranos da Costa da Morte]()
Días de máxima actualiade arredor dos Veteranos da Costa. Co peche de temporada pendente da
resolución sobre a final da Copa da Costa, parece que chega un verán cargado de novidades.
A Federación Galega volve á carga co proceso de integración das Ligas de Veteranos nas competicións federadas. A día de hoxe é certo só quedan fóra da Federación as ligas de Veteranos de Ourense e a Costa, e este verán están traballando para integralas definitivamente.
É certo que
as competicións costeiras, coordinadas pola Asociación de Clubs da Costa dende hai anos, están sendo cada vez máis bonitas, máis competitivas, e é algo que se lle ten que agradecer ai gran traballo dos Modesto Parga e compañía. Pero parece que xa hai case unha decena de clubs (Fisterra, Soneira, Dumbría, Porteño, Corcoesto…) decididos a integrarse na federación por temas, sobre todo, de saúde.
“Levamos arriscando os nosos corpos moito tempo, e temos familias, traballos…”, explícanos algún responsable dos clubs que parecen decididos a cambiar sobre todo polo tema dos seguros, pois se ven máis amparados co seguro federativo.
O pasado venres xa houbo o primeiro contacto cos clubs, nunha reunión na sede federativa de Baio con 11 representantes, na que
a FGF xa manifestou a súa intencion de facer unha liga aínda que haia só 9 equipos federados, aínda que a vontade dos clubs é non separarse. En todo caso,
volve haber outra reunión este venres 13 ás 21:30h na Sede de Baio da FGF, na que están invitados todos os clubs da zona.
Mágoa ver que non hai contacto entre a Federación e a Asociación de Clubs, despois do intento fallido da FGF do ano pasado ante a negativa dunha Asociación que este ano asegura non ter recibido chamada da entidade federativa.
Mentres a Asociación de Clubs de Veteranos da Costa segue co seu plan de todos os anos, e xa convocou unha reunión para o vindeiro venres 20, onde dará conta da decisión sobre a polémica xurdida na final da Copa, trala reclamación do Porteño por posible aliñación indebida do Club do Mar, e onde proporá o novo calendario da Liga 18/19.
Veremos como continúa a cousa nas vindeiras datas.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-campion-da-copa-da-costa-de-veteranos-fica-a-espera-dunha-reclamacion-por-posible-alinacion-indebida/