A II Copa da Costa de Fútbol Praia volven ir para Corme e Buño


Acollía esta fin de semana o areal de Canido, en Malpica II Copa da Costa de fútbol praia, organizada polo Concello e a AD Vidú, coa colaboración de Alquileres Reneymar. Unha cita na que participaron 15 equipos (9 en categoría masculina e 6 en feminina), repetindo título o Corme en homes e o Buño en mulleres.
Sábado de mozos

O sábado arrincaron os chicos, destacando Cerqueda e Ponteceso, así como o Corme, que tivo que superar a primeira criba pola diferencia de goles. En cuartos, o Cerqueda vencía ao Xallas por 3-1, o Ponteceso facía o propio ante o Cabana por 2-1 e o Corme e o Buño superaban ao Sporting Seaia e ao Coristanco, respectivamente, na quenda de penaltis.
En semis, o Cerqueda e Corme vencían a Ponteceso e Buño por idéntico 4-1. No terceiro e cuarto posto, o Buño acadaría a victoria grazas a dous goles de Christian nun partido cunha gran deportividade entre ambos conxuntos.
Na gran final, a igualdade marcou o partido entre o Cerqueda e o Corme pero un gol de Toniño no treito final do encontro resolvería a final a prol dos cormeláns e o equipo da vila do Roncudo conseguiría revalidar o título nun ateigado Canido Area.
Individualmente o mellor porteiro foi Eusebio Pena do Ponteceso SD, e o mellor xogador foi Manuel Torres “Cholo” da UD Cerqueda, clave para levar ao equipo cerquedán ata a final.
Domingo de mozas

No encontro polo 3º e 4º posto, o Soneira repetiría o resultado da pasada edición ao vencer por 3-2 ao Sporting Seaia.
Na gran final, Corme e Buño disputarían un partido igualado que se decidiu nos minutos finais a prol do conxunto oleiro, o cal revalidaría o título logo de vencer ás cormelanas por 2-4.
Ademais estes dous equipos coparían os trofeos individuais, xa que Cintia Arijón do Buño SCD sería nomeada a mellor xogadora do torneo e Lucía Otero do Corme CF sería a mellor porteira desta II Copa da Costa de fútbol praia.

Novas relacionadas
- I Copa da Costa de FP: Un espectáculo de fútbol praia ateiga o areal de Canido.
- I Copa da Costa de FP: Buño e Corme, campións da I Copa da Costa de Fútbol Praia.
Fonte
- AD Vidú da man de David Castro