A incrible historia da carambola máxica
10:32 19/01/17
Os trocos no banco, interrelacionados, de Soneira e Sporting Zas, cunha sorte de efecto volvoreta, funcionan e ben; QPC pulsa a opinión dos seus protagonistas, Víctor Pazos e Pablo Mallón
Víctor Pazos e Pablo Mallón
Nas horas nas que caen polo seu propio peso invenciones como a 'Felizidane' e se marchitan as moitas flores dun xardín máis artificial que Sabrina, sigue a mutar na Costa da Morte ese efecto bolboreta iniciado hai un mes: a marcha de Manolito do Soneira, o cese de actividade de Víctor Pazos en Zas, a chegada deste ponte arriba rumbo a Vimianzo, e o 'descolgue de pizarra' de Pablo Mallón en San Andrés. O curioso é que o experimento é digno de análise, e debe ter tocado un deses intelixibles do fútbol, que funcionar, o que é funcionar, funciona.
Un Zas que coqueteaba cos postos de descenso hai só un mes ten gañado tres dos seus últimos catro encontros (o outro empatouno). Deses dez puntos, a Mallón correspóndenlle sete, xa que un dos triunfos foi para o técnico interino. Certo é que coa volta do carballés coincidiu a do punta Álex Flores, pero non menos verídico é que o colchón coa zona de descenso é xa de nove puntos.
No caso do Soneira a realidade clasificatoria ten mudado algo menos, aínda que a luz está ben preto. Un triunfo a domicilio, outro na casa e, entre medias, unha inxusta derrota en Arzúa é a bagaxe de Pazos no Municipal. A película do ex do Castriz podería titularse 'o home que foi despedido, e subiu de categoría ao día seguinte'. E funcionar, a verdade é que funciona.
QPC quixo pulsar a opinión destes dous protagonistas dun cadro de Dalí, dun relato da burtoniana 'Big Fish', ou simplemente da maxia dun deporte especializado en 'zascas' aos 'especialistas'. Pero sobre todo, nalgo seguro que ten evolucionado, aínda que sexa un pouquiño, o fútbol da Costa. Xa non hai resquemores, envexas, nin falsos desexos de prosperidade. Hai bo rollo, e de verdade.
Cuestionario
- 1- En que ten cambiado o equipo?
- 2- Miras o que fai semanalmente o Zas/Soneira?
- 3- Está claro que a Costa é o fútbol con máis poderío social, pero… por que sempre que vai subindo de categoría sufre?
- 4- Que atopastes na túa primeira experiencia na categoría? (no caso de Pablo Mallón, como adestrador da Costa, pois xa estivera en Paiosaco)
- 5- Como ves as categorías superiores (Terceira e Preferente, no caso do Zas)?