Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A incrible historia da carambola máxica

A incrible historia da carambola máxica
Os trocos no banco, interrelacionados, de Soneira e Sporting Zas, cunha sorte de efecto volvoreta, funcionan e ben; QPC pulsa a opinión dos seus protagonistas, Víctor Pazos e Pablo Mallón Victor Pazos e Pablo Mallon Víctor Pazos e Pablo Mallón Nas horas nas que caen polo seu propio peso invenciones como a 'Felizidane' e se marchitan as moitas flores dun xardín máis artificial que Sabrina, sigue a mutar na Costa da Morte ese efecto bolboreta iniciado hai un mes: a marcha de Manolito do Soneira, o cese de actividade de Víctor Pazos en Zas, a chegada deste ponte arriba rumbo a Vimianzo, e o 'descolgue de pizarra' de Pablo Mallón en San Andrés. O curioso é que o experimento é digno de análise, e debe ter tocado un deses intelixibles do fútbol, que funcionar, o que é funcionar, funciona. Un Zas que coqueteaba cos postos de descenso hai só un mes ten gañado tres dos seus últimos catro encontros (o outro empatouno). Deses dez puntos, a Mallón correspóndenlle sete, xa que un dos triunfos foi para o técnico interino. Certo é que coa volta do carballés coincidiu a do punta Álex Flores, pero non menos verídico é que o colchón coa zona de descenso é xa de nove puntos. No caso do Soneira a realidade clasificatoria ten mudado algo menos, aínda que a luz está ben preto. Un triunfo a domicilio, outro na casa e, entre medias, unha inxusta derrota en Arzúa é a bagaxe de Pazos no Municipal. A película do ex do Castriz podería titularse 'o home que foi despedido, e subiu de categoría ao día seguinte'. E funcionar, a verdade é que funciona. QPC quixo pulsar a opinión destes dous protagonistas dun cadro de Dalí, dun relato da burtoniana 'Big Fish', ou simplemente da maxia dun deporte especializado en 'zascas' aos 'especialistas'. Pero sobre todo, nalgo seguro que ten evolucionado, aínda que sexa un pouquiño, o fútbol da Costa. Xa non hai resquemores, envexas, nin falsos desexos de prosperidade. Hai bo rollo, e de verdade. Cuestionario
  • 1- En que ten cambiado o equipo?
  • 2- Miras o que fai semanalmente o Zas/Soneira?
  • 3- Está claro que a Costa é o fútbol con máis poderío social, pero… por que sempre que vai subindo de categoría sufre?
  • 4- Que atopastes na túa primeira experiencia na categoría? (no caso de Pablo Mallón, como adestrador da Costa, pois xa estivera en Paiosaco)
  • 5- Como ves as categorías superiores (Terceira e Preferente, no caso do Zas)?
Víctor Pazos (Adestrador do Soneira) 1- "Non sei se o equipo tivo moitos cambios; o que nos tentamos traballar é sobre todo nos aspectos psicolóxicos e de concentración. Os xogadores son os mesmos. Na primeira volta, exceptuando un par de partidos, case todos os puntos que perderon foron por detalles (unha mala marca nun balón parado, unha mala vixilancia etc ). Son detalles que, cando os partidos son tan igualados, son determinantes. Somos un equipo con pouco gol entón temos que minimizar erros en defensa". 2- "Por suposto. Tan pronto acaba o noso partido miro como foron todas as ligas, dende a Terceira División até a Terceira Rexional. O Zas e do primeiro que busco. Teñen moi bos xogadores e co traballo de Pablo non terán problema para quedar nunha zona cómoda da clasificación. Tamén espero que sexan a sorpresa na Copa de este ano". 3- "Depende do que entendamos por éxito. A Costa debe ser unha zona complicada para practicar o fútbol. Moitos xovenes traballan ou estudan nas cidades pola semana e fan longos viaxes para poder ir adestrar. E o resultando penso que é moi bo con tres equipos na Preferente e outros catro na Primeira Rexional". 4- "Esta é a miña segunda etapa na Preferente. Estiven hai 3 anos no Xallas de Santa Comba de segundo de Julio Martinez primeiro e de Ruben Comendez despois. É unha categoría moi esixente. Dado o alto número de equipos que descenden todos os anos poucos equipos son os que poden relaxarse en algún intre durante a temporada". 5- "Por arriba están as cousas complicadas para nós. Tres equipos da zona norte (Ordenes, As Pontes e Dubra) con pé e medio na preferente xa. Vamos a rezar para que o seguinte, o Castro, consiga saír de zona de descenso xa que o resto de equipos por arriba son todos da zona Sur"   Pablo Mallón (Adestrador do Sporting Zas) 1- "Non estaba antes, non podo opinar, centreime máis nos números que son datos obxectivos, e o equipo era e aínda sigue sendo dos que máis encaixan na liga. Eso intentamolo correxir porque é un factor determinante na clasificación". 2- "Claro que si, o Soneira e os demàis posibles equipos que poden supoñer un arrastre. Non podemos contar con tres plazas de descenso. O ano pasado o Baio xa sufriu nas suas carnes ésto, temos que contar con algún descenso máis, ainda que espero e deseo que o Soneira poida salvarse" 3- "Falta un equipo na Terceira; o factor económico é chave, pero desexo que Xallas ou Sofán o acaden" 4- "Atopeime no Zas un grupo traballador e con calidade e nos rivales equipos con maior ritmo, traballados màis tacticamente e con xogadores experimentados que comenten poucos fallos que en categorías inferiores si ves" 5- "Vexo unha terceira moi similar a anos anteriores, sin grandes cambios, só baile de equipos peto ca misma tónica xeral, e en Preferente vexo unha liga preciosa, con moita igualdade, sacando a Sada e Noia, na que costa moito gañar e calquera pode dar a sorpresa. Como dixen, Soneira que se salve e Sofan e Xallas espero que poidan seguir con este temporadon que estan facendo e podsmolos ver nas fases"

Comentarios