A Liga de Fútbol Sala de Cee xa en QPC

11:30 30/11/10

En xogo a 4ª xornada
Esta semana volve a competición tralo parón pola Feira de Oportunidades. Estase a desputar a 4ª xornada, e xa hai novedades e sopresas na táboa clasificatoria. O Bar Bujeiro está de líder na 1ª División e aínda non coñece a derrota. Detrás, sorpredentemente está o Distribuciónes Barral, un dos favoritos formado por xentes do Soneira, que non pasou do empate ante o Clínica Sar e está a 2 puntos do Bujeiro. Precisamente, Míchel, xogador do Soneira no Dist. Barral, xa é o máximo goleador da categoría. Na 2ª división é a Panadería Pichín a que leva o liderato contando encontros por vitorias. Por detrás, de preto seguen os carnotáns do Cafe do Mar e un pouco máis abaixo Congelados Sardiñeiro. Poden xa ollar as clasificacións dende a sección de Resultados e clasificacións de QPC. Ademais dende a sección de Fútbol Sala, dentro de Deportes, tamén tedes acceso ás táboas.Máis información
- Resultados e clasificacións 2010/2011.
- Táboa de goleadores da Costa 2010/2011.
- Clasificacións, resultados, goleadores, e calendarios das Ligas da Costa, Veteranos, Cadetes, Xuvenís e Ligas Escolares.
Novas relacionadas
- En marcha a Liga de Fútbol Sala de Cee 2010/2011.
- Maratón Cee 2010: Vimianzo repite título no Maratón de Futbol Sala de Cee.
- Maratón Cee 2009: O Instalaciones Galfcar gaña o maratón de fútbol sala de Cee.
Fonte
- Redacción de Deportes de QPC (deportes@quepasanacosta.gal).