A Malpica Vidú Cup xuntará aos mellores equipos sub-15 de Galicia
Nova e boa iniciativa do Concello de Malpica de Bergantiños e a Asociación Deportiva Vidú. A I Malpica Vidú Cup será un torneo de fútbol 11 de categoría Sub15 no que estarán algúns dos mellores clubs de Galicia e co que intentarán promover o fútbol base na zona. Un torneo internacional de fútbol sub-15 que se disputará o vindeiro domingo 11 de xuño nos campos municipais de A Pedra Queimada (Malpica de Bergantiños) e de Xaviña (Buño).
Achegaranse a Malpica equipos como o Vitória Sport Clube e o GD Chaves (dous clubs portugueses que militan en Primeira División), ademais do Deportivo, o Montañeros, Lugo, Pontevedra, aos que se suman dous combinados de calidade como son a Selección Coruñesa e a recentemente creada Selección da Costa.
Dende as 10:00h os dous campos comezarán a disfrutar das mellores canteiras da zona. Serçán choques de 35 minutos, continuadamente ata ás 14:00h.
Grupos
- Grupo A (en Pedra Queimada): Selección Coruñesa, RC Deportivo, GD Chaves e o Pontevedra CF.
- Grupo B (en Xaviña): Selección da Costa dá Morte, o CD Lugo, o Vitória de Guimarãé e o Atlético Coruña Montañeros CF.
Finais en Buño
Tralo parón para comer, a actividade futbolística retomarase únicamente en Xaviña (Buño), a iso das 16.30h., coa disputa da fase final do torneo, na que os oito equipos participantes buscarán selar o seu nome nos anales desta Malpica Vidú Cup ao proclamarse campión da primeira edición.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).