A maquinaria colchonera en Dumbría conta cos grandes formadores da zona
En boas mans están os 35 rapaces que adestran a pleno rendemento na Escola de Tecnoficación da Fundación Atlético de Madrid en Dumbría. Hoxe, o coordinador Héctor Antelo Reñones fálanos dos formadores escollidos para levar cada luns adiante os adestramento. E os nomes falan por si sós.
Ademais, os chavales seguen cunha ilusión espectacular, e xa vestidos coas novas indumentarias xa pensan ata no Calderón. Este luns xa adestraron con total normalidade, e “de agora en diante as sesións aproveitaranse ao máximo centrándonos en que os rapaces aprendan e divírtanse”, apunta Héctor.
Da importancia da formación deportiva e humana
Para dirixir os adestramentos, a Escola quixo rodearse do mellor da zona, ata xuntar un gran equipo de formadores. Foron escollidos con mimo, pois a Fundación considera moi importante escoller ben o perfil destes, “buscando un punto medio entre o perfil humano e a súa formación profesional”.
Por unha banda está Juan Purrúa, actual adestrador do Cadete de División de Honor do Dumbría.
Tamén está Nando, coordinador das categorías inferiores do Cee e que xa leva 15 anos adestrando unicamente en categorías inferiores de distintos clubes da Costa da Morte.
E para rematar está Iván Pouso, que é o encargado de levar a cabo o traballo específico de porteiros, é titulado no Máster da Federación Española de Fútbol de Preparación Específica de porteiros. Iván está a cargo da preparación dos porteiros do Santa Comba, tanto do primeiro equipo como de categorías inferiores e que xa traballou con anterioridad en diferentes equipos de Terceira División.
Todos eles, do mesmo xeito que o propio Antelo, son técnicos titulados pola Federación Galega de Fútbol. Antelo, como coordinador do proxecto, ademais é Licenciado en Ciencias da Actividade Física e Deporte con Especialidade en Fútbol.
Queda claro que hai xente moi formada detrás deste proxecto, preparada para levar un perfecto coidado e atención dos fillos. Ademais o seu traballo se guía baixo as directrices da Fundación Atlético de Madrid, cuxos coordinadores Manuel Sánchez e Carlos Aguiar (ex-xogador e adestrador do Atlético de Madrid), encárganse de planificar de modo colaborativo xunto co propio Héctor Antelo un plan adaptado dos contidos e as tarefas a desenvolver durante as sesións.
E mentres, segue o prazo de inscrición aberto.
Máis información e inscrición
Novas relacionadas
- Máis de 30 rapaces arrincaron con gañas e ilusión a Escola do Atlético de Madrid en Dumbría.
- A Escola de Tecnificación do Atlético en Dumbría xa está lista para rodar.
- En marcha a escola do Atlético de Madrid en Dumbría.
- O Atlélico de Madrid aterra en Dumbría.
- #DumbríaéDeporte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).