Luns. 14.10.2024
El tiempo

A padeixeira costeira Lorena Costa Rama participa coa Selección Española nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior

A padeixeira costeira Lorena Costa Rama participa coa Selección Española nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior
Lorena Costa a esquerda coas companeiras da Seleccion en Italia Lorena Costa, á esquerda, coas compañeiras da Selección Española en Italia

Ata Ivrea, en Italia, desprazouse a Selección Española de Piragüismo para competir nos Campionatos do Mundo de Slalom Junior e Sub23. Maís de 50 paises de todo o planeta desfilarán polas rúas da vila italiana, e por primeira vez haberá unha deportista da Costa da Morte nun evento de este nivel. Alí estará a padeixeira natural de Berdeogas Lorena Costa Rama, do CDM Piragüismo Dumbría.

O martes ás 11:22 será o debut da palista de Berdeogas coma deportista internacional, e o fará na competición por equipos. A patrulla de España estará formado ademáis de por Lorena Costa, por outra galega, Ainhoa Barreiro, e a vasca Xanet Etxarri. Loitarán polas medallas contra outras 14 patrullas cadansua do seu respectivo pais que se xogarán as medallas a unha sóa baixada. O xoves xa terá lugar a competición individual, As preliminares na categoría K1 Muller Xuvenil arrancarán o redor das 9:20 da mañán ca primeira manga, e se completarán a partir das 11:00 ca segunda. Nelas Lorena buscará unha plaza para as rondas finais que teran lugar o sábado. Pero ademáis, o venres Lorena Costa foi designada para representar a España na competición de Slalom Extremo. Unha competición de novo formato na que compiten catro deportistas en cada manga con barcos de descenso de kayak extremo pasando os dous primeiros de cada manga á seguinte ronda. Todas estas competicións poderán ser seguidas en directo a traves de internet a traves da canle da ICF en youtube: https://www.youtube.com/user/CanoeKayakTV Equipo Femenino Espanol con Lorena Costa Rama-Ainhoa Lameiro-Klara Olazabal e Xanet Etxarri O Equipo Femenino Español está formado por Lorena Costa Rama, Ainhoa Lameiro, Klara Olazabal e Xanet Etxarri 

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/tres-padexeiros-dumbrieses-as-portas-da-seleccion-nacional/ https://quepasanacosta.gal/lorena-costa-fai-historia-e-representara-a-espana-nos-campionatos-do-mundo-de-slalom-junior/

Comentarios