A Pipa: 4 protagonistas

04:19 24/10/17

3ª Galega
Na 3ª Galega da Costa, o Cabana recupera o liderato da clasificación tralo seu importante triunfo no derbi ante o Nantón. Un gol aos 73 minutos de Dani Reigía deu ao traste coas ilusións do Nantón de sorprender ao seu rival do Concello, o que afasta ao Cabana en tres puntos do seu máximo rival. Segue o seu paso firme na competición o Muros, que, aínda sufrindo, foi capaz de superar a un Laxe que aspira a retornar á categoría perdida a pasada campaña. O 2-1 final para os celestes fai que sigan o ronsel do Cabana e mantéñanse invictos na competición, deixando fóra dos postos de promoción aos laxenses. Gran partido na Ponte do Porto, onde se enfrontaban dous dos aspirantes aos postos de ascenso e promoción, e non defraudó o encontro, onde os locais vencían por 3-1 a falta de sete minutos, pero os pulilos de Manolín sacaron forzas de onde non as había e conseguiron empatar a contenda no tramo final. Golpe sobre a mesa do Seaia ante un dos favoritos, Castriz, ao que derrotou por 1-0, deixando aos de Santa Comba fóra da zona de promoción e a cinco puntos do ascenso. O partido foi moi igualado e intenso, resolto cun único tanto local que fai que o Seaia empate a puntos na táboa cos rossoneri. Non puido saborear os meles do triunfo o Castrelo no seu terreo de xogo, sendo derrotado unha vez máis pola mínima, nesta oportunidade polo filial do Outes, que suma, deste xeito, a primeira vitoria da tempada e deixa aos homes dirixidos por Litos na última praza da clasificación. Un gol nos últimos minutos da contenda deu os tres puntos en xogo ao Volantes de Baños na súa visita a un Corcubión que se afasta perigosamente dos postos de promoción ou ascenso, pois xa está a cinco puntos da 6ª praza. Os de Muros, baixo a batuta de Sil, soben á 4ª posición, situándose a dous puntos do líder, Cabana. Na próxima xornada, gran partido en Cee, onde o Ameixenda recibirá a visita do Cabana, co liderato en xogo, e co Muros, que visitará a un moi necesitado Castriz, á espera do resultado para poder dar o salto á primeira praza da táboa. Partido grande en Muros, onde o Volantes recibirá a un Porteño que quere recortar distancias na táboa, mentres que o Laxe non pode fallar na visita do Castrelo. Oportunidade para o Corcubión B na súa visita ao mozo conxunto filial do Outes, mentres que o Camelle, que descansou nesta xornada, buscará os tres puntos no seu terreo ante a visita dun crecido Seaia. Nesta ocasión descansa o Nantón.Preferente
Non foi excesivamente boa a xornada en Preferente, pois únicamente o Sofán foi capaz de sumar puntos en xogo, empatando nas Eiroas ante o Estudiantil a dous goles, logo de chegar ao descanso perdendo por 1-2, pero é que os da estrada, pese á súa frouxo inicio de campaña, son un dos equipos potentes da categoría, e os homes de Iván Cancela mantéñense na cuarta praza da clasificación xeral, a un punto do segundo e catro do líder, Paiosaco. Gran partido no Conco, onde os homes de Diego Lobelos enfrontáronse a un dos mellores equipos do grupo, o filial do Club Deportivo Lugo, Polvorín, vendendo moi cara a súa derrota e poñendo contra as cordo aos lucenses. Ao final, o 2-3 non fixo xustiza aos merecimientos dos locais, que puideron alcanzar o empate. Tampouco está tendo ningunha fortuna o Xallas, que viu como moi pronto se adiantaba no marcador un Arteixo que parece levantar cabeza tralo seu mal comezo de Liga, e o 0-2 dos roxibrancos, á hora do partido, deixaron moi tocado a un Xallas que, pese a todo, recortou no marcador, pero xa moi preto do final do choque, e viu como voaron os tres puntos da Fontenla, que deixa aos xalleiros na penúltima praza da táboa. Na próxima xornada, oportunidade para o Xallas na súa visita ao farolillo vermello, Boimorto, que vén de empatar no campo do poderoso As Pontes. O Dumbría visitará terras lucenses para medirse a un irregular Residencia do que lle separan tres puntos, mentres que o Sofán visitará o terreo do Polvorín, un dos candidatos ao ascenso e que vén de gañar no Conco.1ª Galega
Dous triunfos, un empate e unha derrota foi a bagaxe dos equipos costeiros na xornada do pasado fin de semana, que deixa ao Soneira, que gañou por 1-2 en Rianxo ao Unión de Asados, a un punto de asaltar o liderato da clasificación. Os homes de Rafa sufriron moito e viron como o Unión lles empataba o choque, pero un minuto despois do tanto local chegaría a sentenza dos brancos, en liña ascendente. O outro triunfo da xornada sumouno o San Lorenzo de Verdillo, primeiro da competición, que foi capaz de gañar e convencer no terreo dun Silleda que se viu impotente para frear o bo xogo dos vernellos, e iso que o San Lorenzo quedaríase con 10 homes e 0-1 no marcador, pero a súa mellor organización sobre o terreo de xogo levaríalles a colleitar un 1-4 final, moi merecido para os pupilos de Oscar Suárez. O empate viviuse en Baio, onde o once local e o histórico Lalín ofreceron un partido tolo aos afeccionados, cun resultado dos de antes : 4-4. Ao descanso chegouse con 2-1 para o Baio, pero os segundos corenta e cinco minutos foron de auténtica tolemia goleadora, con vantaxes visitantes por 2-3 e 3-4, e empate do Baio, onde MC volveu mostrar a súa gran capacidade para conseguir gol, facendo un novo hat-trick. A derrota colleitouna o Fisterra en Chaián, onde perdeu por 4-1 ante un conxunto que non se estreou na competición, pero que aproveitou da páxara verde na segunda metade, tres chegarse ao descanso con 1-1 no marcador, e que deixa aos fisterráns a dous puntos da zona de descenso, agora ocupada polo Chaián, Tordoia e San Lorenzo. Na próxima xornada, o Baio renderá visita ao líder, Bastavales, mentres que o Soneira é favorito no Municipal de Vimianzo na visita do Chaián. A Fisterra chegará un dos históricos do fútbol galego, o Flavia de Padrón, sétimo clasificado, recibindo o San Lorenzo ao Unión nas Pedreiras, buscando facer bos os tres puntos de Silleda.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa 17/18
- X.5: Ferve a 3ª.
- X.4: Goles, emoción, incerteza, bo xogo e entrega de principio a fin.
- X.3: Manchea de goles.
- X.2: Cargada de paixón.
- X.1: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).