A Pipa: Analizando a recta final

14:51 10/04/18

2ª Galicia
Na 2ª Autonómica da Costa, paso case definitivo da Esteirana en pos do título de Liga. Os de Esteiro, con gran solvencia, sacaron adiante o complicado compromiso que tiñan en Camariñas, ante un conxunto inmerso na loita pola permanencia, pero os azulgrana non están dispostos a desaproveitar a oportunidade de proclamarse campións de Liga, retornando á 1ª Autonómica. O choque foi moi intenso, pero resolto cun tanto en cada tempo, aproveitando os líderes os erros na saída de balón dun Camariñas que ve moi complicada o seu permanencia na categoría. Máis problemas atopouse o Mazaricos no seu terreo de xogo ante o Outes, que se adiantou no marcador e mantivo o resultado ao seu favor durante a primeira hora de xogo, pero na segunda metade o Mazaricos foi capaz de darlle a volta ao marcador e sumar os tres puntos en xogo de cara a pelexar polo título, pendente dos erros que poida cometer a Esteirana, ou polo menos pola segunda praza do grupo, onde manterá unha forte loita co Corme e Baiñas. Precisamente o Corme lograba retornar á terceira praza do grupo co seu triunfo no derbi do Concello ante un Ponteceso que lles puxo as cousas moi difíciles e que chegou ao descanso con empate no marcador. O gol de Alejo, nada máis comezar a segunda metade, foi suficiente para que os pupilos de José Angel sumasen o triunfo, malia os intentos visitantes, cun home máis sobre o terreo de xogo pola expulsión de Sueiro, autor do 1-0 local. Non puido puntuar o Baiñas na súa saída a Xaviña, onde o Cerqueda, que viu como os verdes adiantábanse no marcador no primeiro minuto de xogo, con gol de Pablo Muiño, foron capaces de voltear o marcador empatando antes do descanso e conseguindo o tanto do triunfo a falta de vinte minutos. O final do encontro, para esquecer, con tres expulsados, un do Cerqueda e dous xogadores do Baiñas, e con todos máis pendentes do externo que de xogar. Pola parte de abaixo, importante triunfo do Cee no seu partido ante un Sporting Zas que se viu superado polo traballo e a entrega local, nun partido frouxo e moi igualado, resolto cun tanto nos primeiros minutos da reanudación e onde nin uns nin outros fixeron méritos para máis. Vitoria do que máis o necesitaba, e que coloca aos ceeses fóra do descenso directo, a un punto do Coristanco e con tres xornadas por diante para alcanzar o obxectivo da permanencia. Frenazo ao Coristanco na súa loita por escapar da queima. Os pupilos de Alberto Pensado viron como un Malpica que practicamente se aseguraba a permanencia na categoría un ano máis, vencíalle con dous tantos de Dani Casal, ambos tralo descanso, e deixa aos coristanqueses inmersos en eludir o posto de arrastre a Terceira Autonómica, aínda que as derrotas de Camariñas e Outes lles manteña catro e cinco puntos por encima do descenso directo. Partido moi intenso en Louro, co miniderbi entre o once de Oscar Leis e o Lira carnotán, finalizando a contenda cun empate a tres goles, onde a emoción presidiu a contenda, e foi fundamental a lesión sufrida polo dianteiro local Raúl, que foi operado de fractura de tibia e recupérase dela, e ao que desexamos unha pronta recuperación. Foi un típico derbi costero, con goles, emoción, penaltis e expulsións, saldado con ese reparto de puntos que asegura o seu permanencia aos de Louro e deixa a catro puntos da zona de arrastre ao Lira. Retomou a senda do triunfo o Muxía, logo dalgunhas xornadas con resultados adversos, pese a xogar ben, e ante o Buño non deu opción aos pupilos de Dani Calvete, que ven reducida a tres puntos a súa vantaxe con respecto á zona de arrastre, mantendo os seis sobre o descenso directo. Os locais chegaron ao descanso con mínima vantaxe, pero na segunda metade foron aumentando a mesma ata chegar a un 4-0 recortado no último minuto co gol de Jorge Calvete. Restan tres xornadas, e isto é o que lles queda aos equipos na loita polo título e promoción e por eludir o descenso: TÍTULO DE LIGA E ASCENSO:- ESTEIRANA (56 puntos): Coristanco ©, Muxía (f) e Monte Louro ©
- MAZARICOS (52 puntos) : Camariñas (f), Ponteceso (f) e Coristanco ©
- CORME (50 puntos) : Sp. Zas (f), Baiñas © e Lira (f)
- BAIÑAS (48 puntos) : Cee ©, Corme (f) e Outes ©
- LIRA (33 puntos) : Cerqueda ©, Cee (f) e Corme ©
- BUÑO (32 puntos) : Monte Louro ©, Cerqueda (f) e Cee ©
- CORISTANCO (30 puntos) : Esteirana (f), Camariñas © e Mazaricos (f)
- CEE (29 puntos) : Baiñas (f), Lira © e Buño (f)
- CAMARIÑAS (26 puntos) : Mazaricos ©, Coristanco (f) e Muxía ©
- OUTES CF (25 puntos) : Ponteceso (f), Sp. Zas © e Baiñas (f)
Promoción de Ascenso á 2ª
Os encontros de ida da promoción de ascenso a 2ª Autonómica, en semifinais, arroxaron senllos empates, o que demostra a gran igualdade nos dous choques e deixan abertas as eliminatorias para os encontros de volta. https://www.facebook.com/FutboldaCosta/videos/1606269199491731/?t=0 En Camelle, os locais adiantáronse no marcador ao comezo da segunda metade, con tanto de Oca, pero moi pronto empatarían os pupilos de Manolín, con gol de Mario. A loita foi pechada de principio a fin, cun terreo de xogo que foi a peor segundo avanzaban os minutos de xogo. Os dous equipos malgastaron pelexa e entrega, e deixan aberta a confrontación para o encontro de volta deste fin de semana en Cee, aínda que a expulsión no último minuto de Barreiro poida ser crucial para as aspiracións do Camelle de sorprender ao Ameixenda. Na Ponte do Porto, o resultado final de empate a dous goles foi un premio ao traballo e malgaste de dous equipos que brindaron unha tarde de gran emoción, con catro goles na segunda metade e un Porteño que viu como o Cabana adiantábase por dúas veces no marcador con 0-1 e 1-2, pero un gran gol de Rachón, cando o choque agonizaba, no último minuto, colocaba o 2-2 que deixa a eliminatoria aberta de face á volta nas Redondas o próximo fin de semana.1ª Galicia
En 1ª, importante paso o dado polo Baio nesa loita por eludir o descenso e os posibles arrastres de Preferente. O tanto do seu goleador, MC, significou tres puntos fundamentais nesa loita para os pupilos de Diego Díaz, que controlaron perfectamente as accións do Cordeiro e fixéronse acreedores a ese triunfo que lles mantén con catro puntos de vantaxe sobre o Tordoia e aumenta a oito a distancia co descenso directo con respecto ao Riveira. Frenazo ao Fisterra en Tordoia, nun choque onde os verdes viron como o once local, con dez homes desde o minuto 40 e nove nos dez últimos minutos, lograban darlle a volta ao marcador cun tanto no último minuto, logo de chegarse ao descanso con 1-1 e haberse adiantado os pupilos de Noé no marcador. Con 1-1, os fisterráns gozaron de numerosas ocasións para decantar o resultado ao seu favor, pero sería o Tordoia o que alcanzaría, de xeito aboslutamente inesperada, os tres puntos en xogo. Tiña un complicado desprazamento o San Lorenzo a Padrón, ante un Flavia que busca coarse na promoción de ascenso, e os pupilos de Pablo Mallón viron como os locais, con gran traballo, gañaban por 2-1 e deixan aos de Verdillo a cinco puntos da permanencia cando restan seis xornadas para a conclusión do campionato de Liga. Triunfo incuestionable do Soneira en Bertamiráns, onde os de Vimianzo chegaron a ter un claro 0-3 no marcador, resultado co que se chegaba ao descanso, tras un primeiro tempo majestuoso dos pupilos de Pedro Gómez, moi superiores ao seu rival. Pero nos últimos quince minutos, a base de fútbol directo, os locais recortaron distancias no marcador e puxeron o 2-3 final, aínda que non ameazaron o triunfo xusto do Soneira. Na próxima xornada, o San Lorenzo recibirá nas Pedreiras ao Bertamiráns, onde a vitoria se antolla imprescindible para os vermellos. Derbi en Ara Solís, onde o Fisterra medirase ao Baio, separados por un punto, e o que gañe dará un paso case definitivo para a permanencia. O Soneira, en Vimianzo, pode facer un favor importante a Baio, Fisterra e San Lorenzo si logra os tres puntos en xogo ante o Tordoia, que marca o posto de arrastre de descenso.Preferente
Importante vitoria do Dumbría nesa loita por saír do descenso en Preferente, ante un rival directo como o é o Betanzos. Os pupilos de Nacho Barreiro adiantáronse no marcador na primeira metade, con tanto de Cespón, pero viron como o Betanzos, no ecuador da segunda, lograba empatar a contenda. Pero un tanto de Makaay, ao transformar un máximo castigo, levaba a vitoria para o lado local e fai que se manteñan vivas as esperanzas de salvar o descenso. Pola súa banda, o Sofán, nun gran partido, lograba unha importante vitoria sobre o Dubra, ao que supera na táboa, e virtualmente os pupilos de Iván Cancela asegúranse o seu permanencia na Preferente Norte, con 46 puntos, deixando os posibles arrastres a doce puntos de distancia cando restan sete xornadas para a conclusión do campionato liguero. Desde o principio os rojillos souberon sentirse dominadores e, pese a que o Dubra recortaría o 2-0 local, un tanto o último minuto pecharía o triunfo local. En Santa Comba, o Xallas e o Estudiantil repartíronse os puntos nun choque moi disputado na segunda metade, tras un primeiro tempo bastante soso e sen ocasións de gol. Na segunda metade, melloraron os dous equipos, sobre todo o Xallas, que gozou de dúas boas oportunidades para facerse cos tres puntos en xogo, pero ao final asinou as táboas ante o conxunto de Gelucho. Na próxima xornada, o Xallas rende visita ao líder da clasificación, Polvorín Lugo B, en terreo lucense, mentres que o Dumbría visitará ao segundo clasificado, Paiosaco. O Sofán, pola súa banda, viaxa a Betanzos, onde lle espera un conxunto que se atopa catro puntos por encima dos postos de descenso directo ou arrastres.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

Novas relacionadas
A Pipa 17/18
- X.27: Vivas, moi vivas.
- X.26: Atracción máxima.
- X.24: Unha xornada menos, un ascendido e a cousa cada vez máis apretada.
- X.23: Algúns brotes verdes.
- X.22: O efecto cascada provocaría a día de hoxe catro descensos na Liga da Costa
- X.21: Apértanse as táboas.
- X.20: Revolución na zona baixa.
- X.19: Xornada de grandes emocións (Análise do descenso por arrastres).
- X.18: Derbis, emoción, sorpresas e cambio de líder.
- X.17: Rebelión.
- X.16: Volveu o Fútbol de verdade.
- X.15: Un Mazaricos imperial.
- X.13: Vai de derbis.
- X.12: Goles e emocións en todas as ligas.
- X.10: Caen os líderes… e os adestradores:
- X.9: Para todas as cores.
- X.8: Para todos os gustos.
- X.7: Xornada sen esperanza.
- X.6: 4 protagonistas.
- X.5: Ferve a 3ª.
- X.4: Goles, emoción, incerteza, bo xogo e entrega de principio a fin.
- X.3: Manchea de goles.
- X.2: Cargada de paixón.
- X.1: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas.
Fonte
- Manuel Corredoira ([email protected]).