Mércores. 08.05.2024
El tiempo

A Pipa: Apértanse as táboas

A Pipa: Apértanse as táboas
Apértanse as clasificacións en todas a categorías, e é que os equipos ven que está preto o final das diferentes competicións de Liga e todo está por decidir, tanto na loita polos ascensos como por eludir o descenso de categoría. Nas Liga da Costa, de Segunda e Terceira, Mazaricos e Volantes, que non foron capaces de pasar do empate nos seus respectivos compromisos, viron recortada a súa vantaxe á fronte da táboa clasificatoria. En Preferente, lánzase o Xallas cara á zona nobre e entran en fase de incerteza Sofán e Dumbría. En Primeira, frenazo ao Soneira; ve a luz o Fisterra e complícase a vida o Baio, cun San Lorenzo que cada vez ten máis complicada a permanencia.

2ª Galicia

Na Liga da Costa o líder, Mazaricos, viu como un respondón e traballador Lira arrebatáballe un triunfo que parecía ter moi preto a falta de dous minutos, alcanzando os lirachos un empate meritorio ante un conxunto que mantén unha gran regularidad e mantén seis puntos de vantaxe á fronte da táboa. Non cede a Esteirana que no complicado campo do Pinguel derrotaba ao Ponteceso por 3-5. Gran primeiro tempo visitante e mellora no segundo dos locais, pero respondida perfectamente polos azulgrana, que a cada gol do Ponteceso respondían cun novo tanto. O 1-3 do primeiro tempo foi unha losa difícil de superar para os pupilos de Tito Pedreira, que seguen sumidos nunha crise de resultados. Quen segue paso a paso achegándose á segunda praza da clasificación é o Baiñas, que sufriu, e moito, para superar a un Buño que comezou o encontro véndose superado polo once verde, que se adiantou no marcador e marrou o lanzamento dun penalti, pero ao filo do descanso o Buño lograba un empate inesperado. Na segunda metade, o empuxe local tería o seu premio co tanto de Roi. O Corme tivo que esperar á segunda metade para superar no Cairo a un Coristanco que soubo conter o potencial ofensivo local nos primeiros corenta e cinco minutos, pero tralo 1-0, no m. 73, viu como os azulillos marcarían os seus tres tantos en catorce minutos, recortando pouco antes do final os homes preparados por Alberto Pensado. Segue de doce o Cerqueda, que venceu con claridade ao Monte Louro en Buño, por 4-1, realizando un gran encontro os homes preparados por Raúl Periscal, que se sitúan na quinta praza da clasificación xeral, nunha zona moi cómoda e tranquila, afastándose dos postos de perigo e superando en dous puntos ao seu rival. Partido moi intenso en Zas, onde o Sporting resolveu a falta de sete minutos a contenda rompendo a liña ascendente do Malpica, que contaba con catro encontros consecutivos vencendo. Os locais adiantáronse antes do descanso no marcador, pero a falta de pouco menos dun cuarto de hora empataría o Malpica. O tanto de Rubio, a falta de sete minutos, sentenciou un partido tremendamente disputado e aberto. Empate nun encontro de urxencias en Outes, onde os locais adiantáronse no marcador ante o Camariñas, pero os pupilos de Tono igualaron a contenda e, con dez homes desde o minuto 58, souberon contrarrestar o empuxe dos blanquinegros, que seguen como farolillo vermello da competición, pero a un punto da permanencia. O Camariñas deixa a catro puntos a zona de perigo. Tampouco pasaron do empate o Cee e Muxía en terreo ceés, nun choque marcado pola temprana expulsión dun xogador local. Pese a xogar case unha hora con dez futbolistas, o Unión soubo controlar a un Muxía que non estivo tan acertado no seu xogo. O Cee colócase agora fóra do descenso directo, pero empatado a puntos con Coristanco e Buño. Na próxima xornada, bo partido en Mazaricos, onde o líder será anfitrión ante o Cerqueda, do mesmo xeito que o seu inmediato perseguidor, Esteirana, que recibirña no José Luís Vara ao Sporting Zas. A Muxía irá o Corme mentres que o Baiñas renderá visita ao Malpica na Pedra Queimada. Por abaixo, partido non apto para cardíacos en Coristanco, onde chega o Outes, separados ambos equipos por un solitario punto na táboa, mentres que o Buño recibirá no seu terreo de xogo ao Lira e o Camariñas será anfitrión do Ponteceso. Un necesitado Cee viaxará a Louro, onde lle recibirá un Monte Louro que quere retornar á senda dos triunfos.

Preferente

Excelente a marcha que leva o Xallas de Néstor Romero, que nesta xornada recibía na Fontenla ao terceiro clasificado ata ese instante, As Pontes, e era capaz de superalo nun gran primeiro tempo, ao término do cal vencía por 2-0 con todo merecimiento, pese a que os visitantes fallarían un máximo castigo. O gol visitante pechaba o marcador xa preto do final da contenda deixando os tres puntos no casillero verde. Inesperada derrota do Sofán en Ordes, pois os pupilos de Iván Cancela vencían ao término dos primeiros corenta e cinco minutos por 1-3, mostrando unha absoluta solvencia sobre o once local. Pero na segunda parte transformouse por completo o choque, e os rojillos viron como o Ordes daba a volta ao marcador e facíase cos tres puntos en xogo. Tiña un complicado encontro o Dumbría en Arteixo, ante un Atlético que mellorou moito no seu xogo e prestancións, ata o punto de situarse na quinta praza da clasificación, a dous puntos da cuarta posición. Os pupilos de Nacho Barreiro intentárono todo, pero dous goles nos primeiros vinte minutos foron un bagaxe que non puideron superar. Na próxima xornada, o Xallas rende visita a un dos rivais do Dumbría pola permanencia, o Atlético Escairón lucense, recibindo o Sofán ao Arteixo en Carballo e o Dumbría ao Boimorto no Conco, coa necesidade uns e outros de sumar un triunfo moi importante para as súas aspiracións.

1ª Galicia

En Primeira disputáronse os encontros aprazados no seu día polo temporal, e trouxeron dous empates e unha derrota. A derrota foi a do San Lorenzo en casa, ante o líder, A Golada, que deixa aos de Verdillo nunha situación moi adversa, pois xa son oito os puntos que lle separan da permanencia. Segue sumando o Fisterra, que aos poucos abandona a zona de perigo, e aínda que unicamente empatou fíxoo ante un dos candidatos ao ascenso a Preferente, o Lalín, nun bo encontro dos pupilos de Noé, que se colocan catro puntos por encima da zona de descenso. Soneira e Puebla empataron no Municipal de Vimianzo, freando ambos as súas aspiracións de chegar á zona de ascenso e promoción, da que lles separa seis puntos aos da Poboa e dez ao Soneira, polo que a empresa parece moi complicada para ambos, pois os de arriba non fallan. O Baio xa xogara na data inicial, e atópase con tres puntos de vantaxe sobre o descenso, polo que non pode despistarse no seu obxectivo de alcanzar a permanencia. Na próxima xornada, derbi en Verdillo, onde xoga o Soneira, rendendo visita ao Riveira, que ocupa praza de descenso o Fisterra. O Baio recibirá no Pratas Reinoso a un Sigüeiro que é o seu inmediato perseguidor, coa necesidade de sumar de tres en tres para afastarse desa zona incómoda.

3ª Galicia

Loita sen cuartel na Terceira, onde o líder, Volantes, vía como o Porteño restáballe dous puntos na súa loita por alcanzar o título e o ascenso, tras asinar un empate a dous goles tras noventa minutos trepidantes. O Muros, nun choque tremendamente disputado, era capaz de superar a un Castriz que viña nunha racha ascendente, buscando a zona de promoción, pero que coa derrota sae dos postos de promoción, en favor dun Laxe que daba boa conta do Castrelo, en Vimianzo, cun 0-3 que non deixaba lugar á sorpresa por parte local. Gran partido nas Redonda, con dous equipos serios candidatos á loita polo ascenso, como o son o Cabana e o Ameixenda. Un gol no minuto 87 sentenciou o triunfo local, que arrebata a terceira praza aos seus rivais e colócase a seis puntos do Muros, cun encontro menos disputado. Non tivo compaixón do Outes B o Corcubión, endosándolle un rotundo 7-1, nun encontro con clara cor local, aínda que de pouco lle valla máis que para terminar o mellor posible a campaña, pois os postos de promoción tenos pouco menos que imposible. Frenazo ás aspiracións do Camelle en Malpica, onde o Sporting Seaia vencíalles por 3-1 e deixáballes na quinta praza, pero con dous encontros menos con respecto ao Ameixenda e un co Cabana, que poderían devolverlle, de gañalos, á terceira praza da clasificación xeral. Na próxima xornada, gran partido en Muros, onde xoga o Cabana rendendo visita ao líder, Volantes, e non desmerece o duelo de Camelle, onde os locais recibirán ao segundo clasificado, Muros. O Ameixenda quere ratificar a súa posición na loita pola promoción superando en Cee a un Nantón que queima as súas últimas opcións de chegar á mesma, mentres que Castriz, Laxe e Porteño parten como favoritos, polo menos a priori, ante Castrelo, Corcubión e Outes B, respectivamente. Descansa nesta xornada o Sporting Seaia.
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

Novas relacionadas

A Pipa 17/18

Fonte

Comentarios