A Pipa: Ferve a 3ª da Costa

17:23 18/10/17

Preferente
Ascende á segunda praza da clasificación o Sofán dirixido por Iván Cancela, que segue no seu momento doce da competición, sumando tres puntos no difícil terreo de xogo do Outeiro de Rei, cun mínimo pero máis que suficiente 0-1, mercé ao seu bo labor no aspecto defensivo e sacar provecho ás súas accións de ataque. Pola zona media deambula un Dumbría que mereceu máis na estrada ante un Estudiantil que parece reaccionar ao seu flojo inicio de campaña. Os pupilos de Diegto Lobelos buscaron cando menos o empate, pero ao final saíron cunha mínima derrota por 2-1 que lles deixa na décima praza da clasificación. Visitaba a un histórico o Xallas como o é o Ordenes, e ao final, e pese aos seus merecimientos, os homes de Noé saíron cunha derrota mínima por 2-1 que lles deixa na zona baixa da clasificación, pese a que a fortuna estáselles mostrando esquiva en moitos dos encontros disputados, pois por xogo merecerían taner máis puntos no seu casillero. Na próxima xornada, o Xallas recibe a un Atlético Arteixo do que lle separan dous puntos tralo triunfo dos rojiblancos na pasada xornada. O Dumbría recibirá no Conco ao filial do Lugo, Polvorín, un punto por encima dos costeros, mentres que o Sofán quere alargar o seu bo facer superando nas Eiroas ao Estudiantil e acosando a un líder intratable como o está sendo o Paiosaco.1ª Galega
Gran xornada para o Soneira de Rafa Suárez co seu triunfo ante o Silleda en Vimianzo que coloca aos vimianceses a un punto dos dous primeiros clasificados, mostrando os seus credenciales para optar aos postos de privilexio. Os locais foron moi superiores e o 4-2 final así o reflicte, pese a que o Silleda chegaría ao descanso con 1-2 no marcador, pero na segunda metade non puido co ritmo imposto polo Soneira. Non mereceu saír derrotado en Ara Solís un Fisterra que se viu cun 0-2 en contra ante o Uniòn de Rianxo, foi capaz de remontar a contenda, ata cun home menos, chegando a colocar o 2-2 no marcador, pero xa nos instantes finais do encontro, trala expulsión do meta Paulo, chegaría o inxusto triunfo visitante nunha contra que xearía aos verdes. Tampouco termina de arrincar o Baio, que na Poboa viu como o once local se facía cos tres puntos en xogo, con dous goles na segunda metade, o primeiro nada máis retornar os equipos dos vestuarios, e o segundo cando o choque agonizaba. O 2-0 deixa aos blanquiazules preto dos postos de descenso, empatado a puntos con Chaián e Tordoia. Segue sen tomarlle o pulso á competición o San Lorenzo, ao que as baixas estanlle condicionando enormemente neste inicio de tempada, e xa na primeira metade viu como o Riveira deixaba sentenciado o choque cun rotundo 0-3, recortado nos minutos finais polos homes de Oscar Suárez, que seguen como colistas e sen estrear o seu casillero de triunfos. Na próxima xornada, partido complicado para o Soneira no terreo do sempre difícil conxunto do Unión de Rianxo. Partido grande en Baio, onde recibirán a visita dun histórico do fútbol galego, o Lalín. Con ganas de retornar á senda do triunfo visitará o Fisterra ao Chayán, mentres que o San Lorenzo intentará saltar a banca en Silleda e sumar o seu primeiro triunfo da campaña.3ª Galega
Xornada apaixonante na 3ª da Costa, onde o Nantón, tralo seu triunfo ante o Porteño, no partido da xornada, colócase á fronte da táboa clasificatoria, conxuntamente co Cabana, que descansaba nesta xornada, e o Ameixenda, que era sorprendido no derbi en Cee polo Corcubión. Os resultados da xornada fan que do 1º clasificado ao 8º haxa só 3 puntos de diferenza, que demostra a gran igualdade que seguro vai presidir esta competición, onde dous equipos non perderon desde o inicio da mesma, o Cabana, líder, e o Muros, cuarto clasificado, a un punto dos tres primeiros. Xustamente o Muros foi o que alcanzou a goleada da xornada, ante o filial do Outes, ao que endosou un claro 1-6 na Serra, pese a que ao descanso chegábase con 0-2, pero aos poucos os visitantes foron aumentando a súa vantaxe. Gran partido en Cee, onde o Ameixenda sufría a primeira derrota do curso ante un Corcubión que busca comezar a súa escalada tras un comezo dubitativo, aínda que segue afastado da zona alta. Diversas alternativas no marcador, con 0-2 aos 15 minutos, 2-2 aos 30 e 2-3 antes do descanso. En Nantón, o once local recibía a un Porteño que lles puxo moi complicado o encontro, que non se resolveu ata os instantes finais do mesmo, do mesmo xeito que os choques de Castriz e Muros, onde os locais sumaron os ytres puntos con grandes apuros ante o Camelle, o Castriz, e o Castrelo, o Volantes de Baños. O mesmo resultado final 3-2, e tamén con incerteza ata o final. En Laxe o conxunto branco, superando a baixa de Oscar Toja, sacou adiante o compromiso ante o Sporting Seaia, que deixa aos brancos a tres puntos da cabeza da táboa e a un da promoción. O 2-0 final premiou o bo facer láxense. Na próxima xornada, partido grande e de rivalidad en Cabana, coa visita do Nantón ás Revoltas, mentres que o Ameixenda renderá visita a outro dos candidatos ao ascenso, o Porteño. Tamén se prevé un gran encontro en Muros, onde os celestes mediranse a un Laxe en ascenso. Igualdade en principio en todos os duelos que compoñen o resto da xornada, coas visitas de Castriz, Volantes e Outes B a Sporting Seaia, Corcubión e Castrelo, respectivamente.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa 17/18
- X.4: Goles, emoción, incerteza, bo xogo e entrega de principio a fin.
- X.3: Manchea de goles.
- X.2: Cargada de paixón.
- X.1: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).