A Pipa: Punto e seguido

19:23 16/05/17

Liga da Costa
Co título decantado ao lado do Club Deportivo Baio, tras unha campaña excelente dos xogadores dirixidos por Pedro Gómez, a última xornada tiña as frontes abertas nos descensos por arrastres e a loita polo subcampeonato e a consiguiente clasificación para a promoción de ascenso. No máis alegre, o San Lorenzo de Verdillo alcanzou o que se lles negou noutras campañas, e é o alcanzar o subcampeonato e disputar a promoción de ascenso a Primeira Autonómica, da que estará moi pendente o Coristanco, pois deste ascenso depende o seu permanencia na Liga da Costa. Tiveron que sufrir os rojillos, pois perderon no terreo do Ponteceso, por 2-0, véndose beneficiados pola derrota do Corme en Castriz, por 1-0, e con penalti marrado polos azuis, que deixou fóra do subcampeonato aos cormeláns e non lle serviu do nada aos de Santa Comba que, perden a categoría de xeito sorprendente logo dunha primeira volta excelente e unha segunda para esquecer. Como xa comentamos, o Coristanco soubo gañar o seu compromiso ante o Mazaricos, en Piñeiro do Val, por 0-1, pero terá que apoiar e esperar a que o San Lorenzo alcance o ascenso para poder seguir na Liga da Costa, pois ocupa o posto de arrastre motivado polos descensos de Outes e Sporting Zas de Primeira Autonómica. Salvouse, moitísimo sacrificio e remontando o resultado o Buño, que venceu a un descendido Corcubión por 2-1, mentres que o pasou mal o Camariñas ante o Porteño, que chegou a colocar un amenazante 3-4 no marcador, e que daba cos locais nos postos de arrastre, pero o 4-4 final permitiu respirar aos xogadores do equipo presidido polo sempiterno Vicente Carril e asegurarse a súa presenza un ano máis na categoría. Os demais conxuntos, cos deberes feitos, tiveron unha xornada plácida, gozando de lograr os seus obxectivos e pensando nunha Copa que o mércores terá a ida dos dezaseisavos de final.Preferente, todo case decidido
En Preferente, polo que respecta aos equipos da Costa, resolto o porvir de Xallas e Sofán, que a próxima campaña volverán repetir na categoría, de xeito máis que merecida e tras unha excelente tempada de ambos conxuntos, e con todos os merecimientos, o problema máis acuciante albérgao un Soneira que dixo adeus á permanencia absoluta, trala forte derrota encaixada ante o Estudiantil, e únicamente pode intentar saír do decenso directo, aínda que a permanencia sexa prácticamente unha quimera pensar en alcanzala. O descenso do Soneira, unido ao do Bertamiráns, por arrastres, si nas últimas xornadas non consegue saír da posición que ocupa actualmente, ten reflexo en Primeira, da que falaremos a continuación.Adeus a 1ª do Zas e case do Outes
En Primeira, o Sporting Zas di adeus á categoría cun descenso cantado fai algunhas xornadas, e probablemente o acompañe un Outes ao que a derrota da pasada xornada cortoulle case todas as posibilidades de permanencia. Os da Serra poderían manter a categoría si logra o ascenso o Agolada e o Bertamiráns elude o descenso por arrastres. Calquera outra opción levaríalles a Segunda Autonómica, a pesar do excelente final de tempada realizado polos blanquinegros. Os outros conxuntos costeros alcanzaron os seus obxectivos. O Dumbría, co ascenso e título; o Fisterra, eludindo todo problema ao empatar na última xornada e conseguir o punto necesario para respirar e celebrar a súa estancia un ano máis en Primeira Autonómica.Agora, a CopadaCosta e as Promocións
A partir desta semana, os equipos preparan a Copa da Costa e, o San Lorenzo e os conxuntos de base, as promociones de ascenso de categoría. Pero será unha nova historia contar a partir do próximo martes. A dos torneos da regularidad xa chegou ao seu fin. Morta a Liga, Viva a Copa!- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa de Corredoira
- X.33: Traballo feito e deberes por facer.
- X.32: De títulos, promocións e arrastes.
- X.31: A unha vitoria da gloria.
- Facendo números para evitar os arrastres na recta final.
- X.30: Baio vibrou coa festa do Fútbol da Costa.
- X.29: Pendentes do partido da tempada.
- X.28: Ábrense claros por arriba e por abaixo.
- X.27: Xa non quedan invictos.
- X.26: Cambia o conto.
- X.25: A historia de sempre.
- X.24: O Entroido deixou goles e a caída da Esteirana á zona de descenso directo.
- X.23: A vida segue igual.
- X.22: O Corme aguanta o tirón dos perseguidores.
- X.21: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme.
- X.20: Golpe de man.
- X.19: Xornada de sorpresas, relativas.
- X.18: Soñando co máis alto.
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira ([email protected]).