Venres. 19.04.2024
El tiempo

A Pipa: Un Mazaricos Imperial

A Pipa: Un Mazaricos Imperial
Mazaricos lider da Liga da Costa O Mazaricos afiánzase como lider da Liga da Costa-Foto-SD Ponteceso A que, en teoría, debería ser a última xornada da tempada, pero que coa suspensión sufrida a semana anterior déixaa como penúltima, pois entre o 23 e o 30 disputaranse os encontros da xornada 13, curiosa coincidencia para a suspensión, pero si nos deixa un líder firme en 2ª, cun Mazaricos imperial nesta primeira fase da competición, cando resta unha xornada, máis a aprazada, para o término da primeira volta, e un líder cambiante semana tras semana en 3ª, sendo agora a quenda do Muros de ocupar a primeira praza da clasificación.

2ª Galicia

En Segunda, o partido da xornada disputábase en Mazaricos, coa visita do Ponteceso, segundo clasificado, e non defraudó o encontro, con ocasións de gol, entrega, loita e emoción ata o minuto final. Tras un primeiro a tempo no que non se moveu o marcador, ao comezo do segundo chegaría o tanto local, materializado por David, e pese a que o Ponteceso envorcouse sobre a meta local en busca do empate, o bo labor de contención dos amarelos, malia a expulsión de Cristian, foi suficiente para que o choque finalizase co mínimo pero suficiente 1-0 para o líder. Non cella no seu empeño de chegar ao liderato a Esteirana, que soubo sacar adiante o complicado compromiso no José Luís Vara ante o Muxía, ao que derrotou por 2-0 con dous tantos na segunda metade, obra de Eloy e Pladur, pese a que o once de Adrián Lema, cun equipo que ilusiona moito, puxo en moitas dificultades aos locais, que só ao final puideron respirar tranquilos. O Monte Louro, presenta a súa firme candidatura a ser considerado o equipo revelación da tempada. Os pupilos de Oscar Leis, que está levando a cabo un traballo extraordinario á fronte dos de Louro, souberon lavar e secar a roupa en Malpica, superando a un conxunto local que, pese aos seus numerosos cambios no persoal non terminar de carburar. O tanto de David, ao comezo da segunda metade, foi suficiente para que os visitantes levásense os tres puntos en xogo. O derbi de Buño, entre o equipo local e o Cerqueda, que comparten campo, saldouse co triunfo visitante por 0-2. Os pupilos de Raúl Periscal, cun tanto en cada tempo, dinamitaron o encontro co tanto de Iván Mato, e, á contra, na segunda metade, sentenciaron o choque co gol materializado por Manu Guillamet, pese aos intentos do Buño de alcanzar un mellor resultado. En Zas comezou moi ben o Sporting, que pronto se adiantou no marcador, pero unha vez máis se repetiu o guión de case todos os encontros, ocasións locais, fallos ante a meta contraria, erros en defensa e efectividad do Outes, que se colocou cun claro 1-3 a falta de media hora. O 2-3 chegaría no minuto 87 e o 3-3 final no tempo de desconto, que deixaba as táboas no marcador logo de moita emoción e alternativas. Un inconmensurable Pablo Muiño, cun nova hat-trick, sentenciou ao Corme en Vimianzo, pois os visitantes adiantáronse cun tanto de Diego, aos sete minutos de xogo, pero xa antes do descanso dous goles do máximo goleador da categoría deron a volta ao marcador. Na segunda metade de novo Pablo e o ex xalleiro Jesús pecharon o 4-1 final. Gran partido en Lira, onde o Cee colocouse no minuto 47 cun claro 0-2 ao seu favor, pero a remontada dos lirachos foi de infarto, con tres goles en 40 minutos, o terceiro no último do choque, que deixou os puntos en Lira e rompeu a boa racha de resultados que levaba acumulada o Cee trala chegada de Rosky ao banquiño do Unión. Un gol no último minuto do partido, conseguido por Rodrigo Santos, supuxo a vitoria do Camariñas ante o Coristanco por 1-0, despois de que os visitantes realizasen unha gran primeira metade, na que levaron por completo o peso da contenda, e unha segunda na que o Camariñas adiantou liñas e atopásese co triunfo na última acción do choque cando o partido agonizaba. Tras estes resultados, o Mazaricos reafírmase no liderato, con catro puntos de vantaxe sobre a Esteirana e co Baiñas como terceiro a seis do primeiro posto, cun partido máis disputado. Por abaixo, Coristanco e Outes pechan a clasificación, pero con Cerqueda, Camariñas, Buño, Lira, Sporting Zas e Malpica nun tramo de tres e catro puntos de distancia.  

Preferente: Xallas, suma e segue

En Preferente, suma e segue na reacción do Xallas, que sumou un gran triunfo no complicado terreo de xogo do Viveiro, onde os pupilos de Nestor Romero sumaron un 1-3 que evidencia o bo momento dos xalleiros, que chegan ao parón invernal, a falta do encontro aprazado que disputarán antes de fin de ano, con tres puntos de vantaxe sobre a zona de descenso, na decimotercera praza da clasificación. O derbi da semana trouxo a vitoria do Sofán en Dumbría por 1-2, nun choque moi intenso onde os homes de Iván Cancela souberon contrarrestar as accións dun Dumbría que buscou un mellor resultado, pero que se atopou cun conxunto moi ordenado e que remontou o tanto inicial dos xogadores preparados por Nacho Barreiro, que, pese a atoparse na zona de descenso, só un punto sepáralles da permanencia, que marca justamente o Viveiro. O Sofán é décimo, o mellor clasificado dos equipos da zona, pero non pode descoidarse un ápice, pois está a catro puntos do perigo, o que indica a gran igualdade da competición.  

1ª Galicia: Arreón do Baio

A chegada de Diego Díaz ao banquiño do CD Baio trouxo a esperada reacción blanquiazul, que de coquetear coa zona de descenso, deu un slato cuantitativo na táboa e colócase seis puntos por encima dos postos de perigo, tralo seu gran triunfo sobre un Silleda que cae en descenso. O 6-1 final fai que os baieses poidan celebrar os Nadais con algo máis de tranquilidade e vexan con mellor augurios a segunda fase da competición. Quen seguen sumidos en zona de perigo evidente son o Fisterra e o San Lorenzo, que pechan o ano ocupando postos de descenso, a dous puntos da permanencia os verdes e a cinco os de Verdillo. Nesta xornada, os dous perderon os seus compromisos, os fisterrans ante o cuarto clasificado, Bastavales, e o San Lorenzo co Poboa, quinto, con 2-0 en contra para os verdes e un claro 5-1 encaixado polo once de Oscar Suárez. Esperemos que na volta das vacacións navideñas poidan darlle a volta á situación complicada que atravesan ambos. Tampouco tivo moita fortuna o Soneira, que se afasta dos postos de privilexio, e xa son dez os puntos que separan aos de Vimianzo dos postos de ascenso ou promoción. A derrota en Lalín, ante un once local moi irregular, fai que o Soneira termine o ano na novena praza da clasificación xeral, unha posición ciertamente inesperada a tenor do bo inicio branco, pero os últimos resultados apartaron aos soneiranes do seu obxectivo prioritario da campaña.  

3ª Galicia: Muros, líder

En Terceira o Muros asaltou o liderato novamente, tralo seu gran triunfo no partido da xornada disputado en Miraflores ante o Cabana, ao que un solitario gol supúxolle a derrota nun choque moi intenso e de gran emoción de principio a fin, que deixa aos muradáns cun punto de vantaxe sobre o Camelle, segundo clasificado trala súa gran vitoria por 4-0 sobre o Ameixenda, que pecha os postos de promoción, e axudado pola derrota do ata agora líder, Volantes, en Castriz, por 3-1, ante un once local que quere dar o salto aos postos de play-off e sitúase a dous puntos dos mesmos. O Laxe goleou ao Outes B e segue na quinta praza da clasificación, a catro puntos dos postos de ascenso directo, pero con só dous de vantaxe sobre o Castriz, mentres que o Nantón, derrotado en Malpìca polo Sporting Seaia por 1-0, queda fóra do play-off, do mesmo xeito que o Porteño, que con mjucho sufrimento derrotou por 0-1 a un Castrelo que, pese a ser o farolillo vermello da competición, está vendendo moi caras as súas derrotas e quere saír desa posición que ocupa. Descansou nesta xornada o Corcubión, que parece quedar en zona de ninguén, moi afastado da promoción e dos postos que pechan a clasificación, ao chegarse ao término da primeira volta, á que lle faltan os encontros da xornada aprazada. Nestas datas, desexar a todos os clubs da Costa unhas moi felices festas navideñas, e que o novo ano que pronto chegará tráialles a todos o alcanzar os seus obxectivos de ascenso ou permanencia nas súas respectivas categorías. A pechadura de ano, coa xornada aprazada, e o que vén, seguro que virá cargado de emoción, entrega, loita e bo xogo en todos os campos da nosa zona. FELICES FESTAS A TODOS.  
  • Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.
A pipa de Corredoira

A Pipa 17/18

Fonte

Comentarios