A Pipa: Xa non quedan invictos

15:02 21/03/17


Paso adiante do Dumbría e retrocesos de Zas e Outes en Primeira
Gran partido en Agolada entre o líder, Dumbría, e o segundo, os locais, saldado cun reparto de puntos que deixa a táboa como estaba e con dous puntos de vantaxe para os pupilos de Julián Ferreiro. Dous goles nun minuto significaron ese reparto de puntos, tras adiantarse o Dumbría e empatar pouco despois o Agolada. Traspés do resto de equipos costeros nesta xornada. A tripla derrota de Fisterra, Sporting Zas e Outes deixa aos dous últimos en zona de arrastres e a catro puntos do seu máis inmediato antecesor, Unión. O Fisterra viuse claramente superado no seu terreo polo terceiro clasificado, Sigüeiro, aínda que, tralo 1-3 ao descanso, os homes de Nacho Barreiro recortaron distancias poñendo o 2-3 no marcador e tendo oportunidades para sacar un mellor resultado, pero unha acción de contra visitante terminou por sentenciar o choque pouco antes do final do mesmo. Mal encontro do Sporting Zas en Tordoia, encaixando un claro 3-0 final, pero é que os pupilos de Pablo Mallón atopáronse cun gol ao final da primeira metade e outro no inicio da segunda, que lles deixaron si opcións, ademais das moitas baixas coas que contaban os zasences, con homes moi importantes entre elas. Tampouco estivo acertado o Outes en Lalín, onde o 2-0 para os locais foi unha losa insalvable para os home de Cambeiro, que ven freada a súa ascensión na táboa, aínda que de gañar o encontro que teñen pendente, ante o Poboa en Semana Santa, poderían afastarse en tres puntos do descenso automático. Na próxima xornada poderían recortarse distancias, pois o Outes e o Zas, nos seus terreos de xogo, reciben as visitas de Tordoia e Riveira, respectivamente, coa necesidade de sumar os tres puntos en xogo, ante rivais que están nesa zona de perigo inminente. En Dumbría, derbi co Fisterra, onde os locais necesitan o triunfo para manter o seu liderato, mentres que os fisterranes buscan asinar o seu permanencia na categoría.Xornada boa para Soneira en Preferente
Sae do descenso automático o Soneira en Preferente co seu triunfo, sufrido e traballado, ante o Chantada, ao que cede a antepenúltima praza, e colócase a un punto do Bertamiráns e a tres do Lemos. Pero é que os arrastres de Terceira División, nestes momentos 4, fan que a permanencia siga estando moi lonxe dos vimianceses, a 8 puntos do Arteixo, que é o que marca a mesma, xunto co Betanzos. Frenazo ás aspiracións do Xallas de chegar á promoción co segundo empate sen goles consecutivo, nesta oportunidade ante un Betanzos inmerso na loita por eludir o descenso por arrastres, que deixa aos verdes na sexta praza, a seis puntos do Paiosaco, quinto, e sete do Laracha e Polvorín, que son os que ocupan a zona de promoción. Non pode descoidarse o Sofán, que pese a ocupar a undécima posición, con 40 puntos, ten a zona de arrastres a catro puntos de distancia, tras ser superado con claridade polo Viveiro, encaixando un inesperado 4-0 nun encontro moi flojo dos vermellos. Na próxima xornada, o Sofán recibirá no Carral a un Arzúa moi mellorado e que se atopa a tres puntos dos pupilos de Josito Fontes na táboa. O Xallas renderá visita a un Arteixo que necesita imperiosamente os tres puntos en xogo para escapar da queima, mentres que o Soneira renderá visita a un Ribadeo que quere selar o seu permanencia canto antes en Preferente.Muxía, campión de Terceira e novo Segunda
O foco principal da xornada en Terceira tiña dúas frontes. Por unha banda, os minutos que restaban no Cabana-Ameixenda, onde os locais viron como o Ameixenda levábase o triunfo tras marcar un tanto cada equipo, o que facía que o ascenso se xogase en Arliña un día máis tarde. E aí non fallou o Muxía, que superou por 3-0 aos ceenses, nun choque máis disputado do que o 3-0 final poida indicar, pois ata ben entrada a segunda metade os pupilos de Ordoñez non lograron os dous tanto que fixeron estalar a festa na vila mariñeira e deron un ascenso histórico a un Muxía, 12 anos logo de perder a súa praza na Liga da Costa. Felicidades aos vermellos e a toda a súa afección e bienvenidos nuevamente á Segunda Autonómica. Nas xornada que restan únicamente está en xogo a última praza para o play-off final, que pugnan o Volantes e o Cabana, con vantaxe para os muradáns, con catro puntos por encima dos blanquiazules, pois os outros postos son para Ameixenda, Lira e Nantón. Na próxima xornada, o Ameixenda recibirá en Cee ao Volantes, que necesita puntuar para non dar oportunidade ao Cabana, mentres que estes recibirán no seu terreo ao Seaia, que case se asegurou a oitava praza da táboa. Son os dous encontros importantes da xornada, na que o Muxía celebrará xa o ascenso visitando a un Castrelo que perdeu todas as opcións de promoción na pasada xornada.Os temidos arrastres
Estamos chegando ao final das competicións, e os temidos arrastres seguen sendo o que queren eludir todos os equipos. O descenso do Somozas, en Segunda B, fai que de Terceira División, a día de hoxe, sexan 5 os equipos que perdan a categoría, e deles 4 recaerían no grupo Norte. Así, da Preferente, dous equipos, Bertamiráns e Soneira, chegarían a 1ª, conducindo ao descenso a Sporting Zas e Outes á Liga da Costa, onde perderían a súa condición de 2ª Autonómica, ademais dos 3 que ocupan praza de descenso automático, Esteirana e Porteño. Pese a todo, de aquí ao final, aínda a competición ten moito por disputar, pero todos teñen que apertarse o cinto e traballar duro para escapar de quéimaa.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

A Pipa de Corredoira
- X.25: Cambia o conto.
- X.25: A historia de sempre.
- X.24: O Entroido deixou goles e a caída da Esteirana á zona de descenso directo.
- X.23: A vida segue igual.
- X.22: O Corme aguanta o tirón dos perseguidores.
- X.21: Baio, San Lorenzo e Ponteceso recortan en dous puntos a vantaxe do líder, Corme.
- X.20: Golpe de man.
- X.19: Xornada de sorpresas, relativas.
- X.18: Soñando co máis alto.
- X.17: Espéranos unha segunda volta apaixoante.
- X.16: A última xornada do ano trouxo o liderato para un Corme que aproveitou o pinchazo do Baio.
- X.15: Non fallaron os catro primeiros clasificados; o derbi Cerqueda-Malpica, para os visitantes.
- X.14: Mazaricos e San Lorenzo mostran as súas credenciais para acosar aos líderes.
- X.13: Tralo primeiro gran duelo, “a vida segue igual”.
- X.12: Lilo substitúe a Adrián Lema no Laxe; Alfredo Cambeiro chega ao Outes.
- X.11: Igualdade polo título e polo descenso, tras unha xornada marcada por unha suspensión.
- X.10: Amplíanse as distancias entre os líderes e os seus inmediatos perseguidores na Liga da Costa.
- X.9: Corme e Baio quédanse sos á fronte da clasificación na Costa.
- X.8: Corme e Baio seguen pelexando polo liderado.
- X.7: O Corme recupera a primeira praza da clasificación ao perder o Baio en Camariñas.
- X.6: O Baio aúpase ao liderado no seu partido 800 partidos na Liga da Costa.
- X. 5: Ponteceso e Baíñas, en sorprendente caída tras un comezo prometedor.
- X.4: O Laxe suma o seu primeiro punto e frea a marcha do Castriz.
- X.3: Un sorprendente Castriz aúpase ao liderado na Costa.
- X.2: O Corme, con paso firme.
- X.1: Arrincou a Liga da Costa co Corme como primeiro líder.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).