A Pipa: Xornada de grandes emocións

12:36 30/01/18

Preferente
Saíu airoso o Xallas no derbi de Preferente ante un Sofán que non estivo moi acertado e que viu como, cun gol ao comezo do choque e outro ao final do mesmo, o once xalleiro levábase un triunfo que lle permite superar ao seu rival na táboa clasificatoria e situarse nunha cómoda décima praza, empatado a puntos con Ordes e Sofán e con sete puntos de vantaxe sobre a zona de perigo. Non tivo o seu día o Dumbría en Castro, onde o conxunto lucense, sétimo na táboa, endosoulle un contundente 5-1, con todos os goles na segunda metade, na que se rompeu o partido tralo primeiro tanto local, pese a que os pupilos de Nacho Barreiro foron capaces de recortar o momentáneo 2-0, pero ao final non puideron con frear a avalancha dos locais. Na próxima fin de semana, visita ao San Tirso o Xallas, conxunto do que lle separan catro puntos e onde buscará manter a súa boa liña de xogo e resultados. Nas Eiroas, o Sofán medirase ao Castro buscando afastarse aínda máis, si cabo, da zona baixa da táboa, mentres que o Dumbría, no Conco, quere superar ao Ordes e comezar a escalar posicións na táboa, saíndo desa zona de descenso directo na que se atopa inmerso.1ª Galicia
Boa xornada en xeral para os equipos de Primeira Autonómica, pois aínda que perdeu o Soneira fíxoo nun derbi costero, ante o Fisterra, que sae dos postos de descenso directo, os que deixa, malia as dúas vitorias consecutivas, a dous puntos de distancia, tamén gañou logo de varias xornadas o San Lorenzo que levaba varios partidos facendo méritos máis que suficientes para sumar puntos, e empató a domicilio un Baio que pon terra por medio coa zona de descenso directo. No derbi de Vimianzo, marcou moi pronto o once verde, que despois soubo contrarrestar as accións levadas a cabo polos locais, que foron incapaces de superar o entramado defensivo organizado polos fisterráns, finalizando a contenda con ese 0-1 para os visitantes, que frean a marcha do Soneira trala chegada de Pedro Gómez ao seu banquiño. Excelente partido o realizado polo San Lorenzo ante os seus afeccionados, superando a un incómodo Cordeiro, ao que deixa en zona de ninguén na táboa, e, aínda que segue na última praza da clasificación, pode volver soñar con eludir o descenso automático, pese a que siga o conxunto preparado por Oscar Suárez a seis puntos da permanencia. Foi un triunfo de moitos quilates, por canto ten o mérito de conseguir o segundo tanto con dez homes e cando mellor tíñano os visitantes. Empate de prestixio o alcanzado polo Baio no reducido terreo de xogo do Bertamiráns, onde os pupilos de Diego Díaz sufriron moito para manter o 0-0 inicial, por canto os locais presionaron de xeito abondo na segunda metade, con dous lanzamentos aos paus, pero os branquiazuis souberon sufrir para alcanzar un punto que lles serve para situarse con tres puntos de vantaxe sobre a zona de arrastres a Segunda. Novo derbi costeiro o vindeiro domingo, pois o Fisterra recibirá en Ara Solís a visita do San Lorenzo, nun partido de necesidades para ambos conxuntos no seu afán de saír da zona de perigo inminente. Outro partido importante é o que disputará o Baio no Pratas Reinoso ante o Tordoia, equipo que pecha a zona de descenso directo, a cinco puntos dos blanquiazules. O Soneira, pola súa banda, renderá visita a un Sigüeiro que está defraudando na competición, moi afastado dos seus obxectivos iniciais e situado nos postos de perigo de descenso por arrastres.3ª Galicia
En Terceira, a loita polo título e ascenso parece reservada para os dous equipos de Muros, pois o Volantes venceu con gran comodidade no seu duelo ante o Castrelo, onde os líderes deixaron clara a súa condición desde o principio do choque e non permitiron en ningún momento a posibilidade de sorpresa aos locais, cun 0-5 final que deixa clara a diferenza que se puido observar sobre o terreo de xogo. Tampouco deu opción á sorpresa o Muros no seu terreo ao Outes B, ao que endosou o mesmo resultado que o líder. Os celestes reaccionaron perfectamente á derrota da pasada semana no derby local e mantéñense ao ronsel do liderato, cun punto por baixo do Volantes, mostrando un gran nivel de xogo e resolución ofensiva. Gran triunfo do Ameixenda en Corcubión, nun encontro de tolos, onde os ceenses venceron por 3-4, borrando a derrota da pasada semana en casa ante o Castrelo e situándose na quinta praza da clasificación, a dous puntos do terceiro posto, deixando aos locais sen prácticamente opcións de loitar pola promoción de ascenso. Quen non quere quedar fóra desa zona é o Porteño, que superou con rotundidad a un Nantón tremendamente irregular, ao que venceu por un claro 6-2 en Ponche do Porto, colocándose a tres puntos de distancia da sexta praza, que ocupa o Castriz. Sufriu o Laxe dirixido por Ordoñez para lograr os tres puntos en xogo en Malpìca, ante un Seaia que se afasta da zona de play-off, da que queda situado a un punto o once láxense co seu triunfo. Foi un choque moi disputado e no que tanto un como outro conxunto buscaron unha vitoria moi importante para as súas aspiracións. Suspendeuse o Camelle-Castriz por problemas nos dous equipos e terá que designarse nova data para o mesmo nos próximos días, mentres que descansou nesta xornada o Cabana. A próximo fin de semana, o líder medirase, no seu terreo de xogo, ao Corcubión, capa do mellor e o peor, mentres que o Muros terá un choque de gran interese no campo dun Laxe que quere situarse na zona de play-off. O Castriz recibe en San Pedro ao Seaia, nun choque onde non pode ceder puntos. Dous partidos que poden marcar a zona de promoción e ascenso son os que se disputarán en Cee, onde o Ameixenda recibirá ao Porteño, e no derby local entre Nantón e Cabana. Os equipos que perdan poden dicir adeus ás súas posibilidades de ascenso. Para rematar, na Serra, o filial blanquinegro recibirá ao Castrelo, con moi pouco en xogo, salvo eludir o farolillo vermello da clasificación. Descansa esta xornada o Camelle.Descensos por arrastres
Entramos na fase decisiva das competicións nestes momentos, pois xa faltan cada vez menos xornadas para concluír as ligas nas diferentes categorías, e os descensos por arrastres poden ser brutais tak e como marchan as diferentes ligas, desde Segunda B a Terceira. En Segunda B, a día de hoxe, descenderían ao grupo primeiro de Terceira División o Racing de Ferrol e o Cerceda, disputando a promoción de permanencia o Pontevedra. Cos descensos directos, en Terceira, ao grupo Norte de Preferente caerían o Noia, Laracha e Negreira, de xeito directo, non estando ningún conxunto máis en arrastres. En Preferente, á Primeira Autonómica grupo segundo caería únicamente o Dumbría, co que de Primeira habería un só arrastre, zona que agora mesmo non ocupa ningún conxunto da Costa, pero no descenso automático atópase o San Lorenzo, co que de 2ª a 3ª serían tres os equipos que perderían a categoría a día de hoxe, que serían o Outes e Coristanco, en descenso directo, e o Cee, por arrastres. Pero, dunha semana a outra, as cousas poden cambiar e moito, desde logo, pero bo é ir coñecendo como se atopan as competicións cando restan doce xornadas para a conclusión da Segunda Autonómica da Costa, con máis xornadas por diante nas demais categorías.- Manuel Corredoira, Entrenador UEFA PRO, Nacional Nivel 3 de Fútbol e Director Deportivo pola RFEF, formador da Escola Galega de Adestradores, actual coordinador das Escolas de Fútbol Base de Zas e Delegado da Federación Galega de Fútbol para a Costa.

Novas relacionadas
A Pipa 17/18
- X.18: Derbis, emoción, sorpresas e cambio de líder.
- X.17: Rebelión.
- X.16: Volveu o Fútbol de verdade.
- X.15: Un Mazaricos imperial.
- X.13: Vai de derbis.
- X.12: Goles e emocións en todas as ligas.
- X.10: Caen os líderes… e os adestradores:
- X.9: Para todas as cores.
- X.8: Para todos os gustos.
- X.7: Xornada sen esperanza.
- X.6: 4 protagonistas.
- X.5: Ferve a 3ª.
- X.4: Goles, emoción, incerteza, bo xogo e entrega de principio a fin.
- X.3: Manchea de goles.
- X.2: Cargada de paixón.
- X.1: Arrincou unha Liga da Costa de sorpresas.
Fonte
- Manuel Corredoira (info@quepasanacosta.com).