A praia de Canido volve vestirse de fútbol praia
Transportes Cotelo, Cofestra, Sporting Seaia CF, UD Cerqueda, Ponteceso SD, Buño SCD, SD Tordoia, Volantes de Baño FC, Corme CF, Xallas FC, Cabana SD e Bergantiños CF xuvenil, serán os equipos participantes en categoría masculina na Vidú Beach Soccer Cup 2018 (antiga Copa da Costa de fútbol praia). En categoría feminina competirán o Sporting Uxes, Fisober FSF, Bergantiños CF, Manureva, Toca e Vaite, AD Atletes e Merluzas.
Unha cita que artellan os activos membros da Asociación Deportiva Vidú xunto co Concello de Malpica de Bergantiños, en colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, para esta fin de semana do 21 e 22 de xullo, no areal malpicán de Canido (malpica).
O sábado 21 de xullo será o turno dos rapaces, quenes terán que madrugar un pouco para gozar desta competición, xa que a primeira xornada da Vidú Beach Soccer Cup dará comezo ás 9.30 da mañá, hora a partir da cal comezará a fase de grupos, unha fase inicial que decidirá os catro equipos que pasarán a unhas semifinais que se disputarán a partir das 18.30h.
Mentres que a gran final está programada para as 20.15h, partido que centrará toda a atención dos afeccionados.
Mentres tanto, o domingo 22 de xullo serán as rapazas quenes saltarán ao Canido Area para facer as delicias dos espectadores e farano a partir das 11 da mañá. A gran final está programada para as 19.30h.
Novas relacionadas
https://quepasanacosta.gal/o-osmo-convertiu-corme-na-capital-mundial-do-futbol-praia/ https://quepasanacosta.gal/a-ii-copa-da-costa-de-futbol-praia-volven-ir-para-corme-e-buno/Novas relacionadas
- I Copa da Costa de FP: Un espectáculo de fútbol praia ateiga o areal de Canido.
- I Copa da Costa de FP: Buño e Corme, campións da I Copa da Costa de Fútbol Praia.
Fonte
- AD Vidú da man de David Castro