Venres. 26.04.2024
El tiempo

A praia de O Pindo acolle o campionato galego de volei

A praia de O Pindo acolle o campionato galego de volei
O próximo 30 de xuño e 1 de xullo, a praia de O Pindo - en Carnota - acolle o campionato galego de categorías inferiores de voleibol. O evento está organizado pola Federación Galega de Voleibol co patrocinio de Vichy Catalán e a colaboración da Xunta de Galicia e do concello de Carnota. O sábado xogarán a Sub 19 e a infantil e o domingo a cadete e alevín, probas que puntuarán dentro do Circuíto Galego. A inscrición será gratuíta e farase antes do mércores 27 de xuño ás 20:00 horas, enviando un correo electrónico a correo@fgvb. Carnota é así a localidade elixida para dar o pistoletazo de saída a unha emocionante campaña que xa conta con sete probas confirmadas ao longo da xeografía galega.

Novas relacionadas

Crónicas do Volei Dumbría

Fonte

Comentarios