sábado. 09.11.2024
El tiempo

A Previa: ascensos posibles e descensos probables

A Previa: ascensos posibles e descensos probables
Pode ser esta unha fin de semana de celebración de ascensos, os do Volantes de Baño e Muros, que así volverían á Liga da Costa. E tamén a da desesperanza de varios equipos, que están nunha situación difícil nas súas ligas, e se non vencen este partido verán moi lonxe a saída do túnel. En Preferente Norte, Xallas e Sofán buscan consolidarse na zona tranquila da clasificación nos encontros que os enfrontan a Ordenes e Outeiro. Pola súa parte o Dumbría asume a súa enésima final ante o Estudiantil, un equipo que a día de hoxe é coma un fantasma na Preferente, pois ninguén sabe se o lío nos tribunais que ten co Arzúa o levará a 3ª división o ano que ven ou todo se quedará en nada. Parafita será un dos homes importantes no San Lorenzo En 1ª Galicia seguen as finais para os equipos da zona baixa. O San Lorenzo viaxa a Riveira para enfrontarse a outro dos equipos que están en descenso directo. O Baio recibe a un Puebla que busca o ascenso no que é un partido importantísimo para os de Diego Díaz, que non se poden permitir tropezos na casa. O Fisterra ten en Rianxo a oportunidade de alonxarse máis dos postos baixos e seguir coa tremenda xeira de resultados das últimas xornadas. O Soneira, pola súa parte, pode botar unha boa man afundindo un pouco máis ó Silleda. E na Liga da Costa vaia partidazos temos o domingo. O título e o descenso xóganse no Mazaricos - Cee, no Camariñas - Baíñas e no Esteirana - Lira, en enfrontamentos dramáticos para os equipos da zona baixa e ilusionantes para os da zona alta. Coristanco e Outes, en situación de descenso, xogan ante Zas e Monte Louro, en encontros dos que poden saír cambios nos equipos que poden descender. Cerqueda e Corme xogan un interesante encontro no que ambos buscar volver ás xeiras positivas, e en Malpica, derbi dos de antes entre o conxunto local e o Buño, con moito en xogo. Muxía e Ponteceso teñen un partido máis tranquilo, no que ambos equipos mostrarán o talento dos seus xoves xogadores. A Esteirana busca o ascenso, o Coristanco evitar o descenso En 3ª Galicia, pode ser día de ascensos. Os equipos muradáns poden certificar a súa presencia na Liga da Costa para o ano que ven. O Volantes necesita vencer ó Ameixenda e celebrará a volta á 2ª. O Muros, pola súa parte, verá os toros dende a barreira, e necesita un resultado negativo de Cabana e Camelle para poder celebralo sen xogar. Que pasará?

Comentarios