Xoves. 10.10.2024
El tiempo

A Previa: doble derbi camariñán e partidazos en Esteiro e Ponteceso

A Previa: doble derbi camariñán e partidazos en Esteiro e Ponteceso
Unha nova xornada con dous partidos que centran a atención: ese derbi de 1ª entre Esteirana e Baio, e o partido en Ponteceso entre os locais e o Muxía. O doble derbi camariñán da 3ª tamén será un dos puntos de interés na fin de semana. Na Preferente Norte, dúas viaxes a Lugo a cada cal máis complicada, o Sofán vai a Viveiro e o Xallas a Sarria. Confiemos no bo momento dos nosos equipos que seguro que dan a cara nestes difíciles compromisos. O derbi Cerqueda - Buño rematou con 10 goles-Foto-UD O Buño viaxa a Lira e o Cerqueda recibe o sábado ó Cee Na 1ª Galicia temos derbi. Será no Xosé Luis Vara entre o enrachado Baio e o conxunto local. A Esteirana chega con moitas baixas ó encontro e o Baio pleno de moral, ocupando a 2ª plaza na clasificación e afirmando semana a semana a súa idea de fútbol. Os de Esteiro fiarán no apoio do seu público e buscan un pouco de acerto nas area que lles faga xustiza ó bo fútbol realizado nos anteriores encontros. O Dumbría e o Fisterra están á alza e buscan seguir nesa liña. Os do Conco viaxan a Lalín, desprazamento nada fácil, e o Fisterra recibe ó Praíña nun encontro que debe servir para reafirmar o potencial dos verdes. O Soneira pola súa parte busca saír dos postos baixos cunha vitoria ante o Unión de Rianxo. Na Liga da Costa unha nova apaixoante xornada, coa vista posta nese partido do Pinguel entre o Ponteceso e o Muxía. Os de Mato andan intratables pero a visita do Muxía, un conxunto que xa foi quen de vencer ó Baíñas e ó Corme, desperta temor na vila de Pondal. Os outros aspirantes, o Corme e o Mazaricos, reciben a Monte Louro e Malpica, equipos sempre complicados que lle amargan o día a calquera. Adiantado ó sábado temos un interesante Cerqueda - Cee, e xa o domingo duelos de urxencia no Lira - Buño e no Ameixenda - Volantes, así como ese Muros - Baíñas que marcará a tendencia de ambos equipos. En San Andrés, duelo de conxuntos que non hai moito estaban en 1ª, Zas - San Lorenzo. Na 3ª Galicia, varios duelos estelares. Ese derbi Porteño - Camariñas paralizará o concello palilleiro. Esta semana falábamos con Javi Antelo e el será un dos protagonistas do partido. No doble duelo camariñán, o Camelle viaxa a Camariñas para xogar con As Baleas. Haberá tanto afeccionado para dous derbis no mesmo concello? O líder Coristanco visita ó difícil Nantón, e o Castriz viaxa a CAbana noutro dos partidos de interés. A revelación Castrelo vai a Laxe e o Outes busca subir postos en Corcubión. Nos grupos femininos de 2ª, o Bergantiños visita Arzúa, e As Miudas, despois do desagradable partido da semana pasada, recibe ó Carreira coa idea de encaramarse no máis alto da tabla. Sorte a tod@s¡¡¡ O Camelle viaxa cerca, a enfrontar ás Baleas

Comentarios