Domingo. 06.10.2024
El tiempo

A Previa: media Costa pendente de Fisterra e Esteiro

A Previa: media Costa pendente de Fisterra e Esteiro
Todos os partidos a estas alturas son fináis. Pero, con permiso da Promoción de 3ª, que merece capítulo aparte, as citas de Fisterra e Esteiro desta fin de semana cobran tintes de partidos do século. En Fisterra atoparanse as caras o conxunto local e o Baio, nunha situación na que o que se leve a vitoria prácticamente festexará a salvación, e o que perda mirará de reollo a Vimianzo, para ver como queda o Tordoia. Ambos equipos chegan nun bo momento, quizáis algo peor os fisterráns despois da surreal derrota en Tordoia da semana pasada. O San Lorenzo, pola súa parte, agota as súas últimas esperanzas recibindo a un Bertamiráns que non se xoga nada. Os Fisterra - Baio, sempre tensos en disputados En Esteiro, máis do mesmo. O título en xogo nun Xosé Luis Vara que estará de bote en bote, e un rival dificilísimo en fronte, un Coristanco que tamén se xoga a vida para salvar a categoría. O encontro non ten desperdicio. Similar situación se produce en Camariñas onde reciben a visita do Mazaricos. Alí ambos buscarán a vitoria cun ollo en Esteiro. O Corme, a 3ª pata do banco do título, visita Zas, máis á espectativa que outra cousa, e un Baíñas que necesita a vitoria para pensar na promoción, recibe ó Cee, nun encontro de alta tensión para os ceenses, que non poden fallar demasiado nas 3 xornadas que quedan, e menos despois da reclamación por alineación indebida que se está estudiando pola alineación de Jon no partido Cee - Zas. O Ponteceso - Outes, o Lira - Cerqueda e o Buño - Monte Louro son citas tremendas pensando en escapar do descenso. En Malpica o equipo local e o Muxía xogarán máis tranquilos cos deberes case que feitos. Na 2ª entrega da promoción de 3ª, as citas decisivas en Cee e Cabana. Buscarán a vitoria o Camelle e o Porteño se non queren quedar eliminados. Despois dos partidazos da ida, esperamos máxima emoción na volta. A Esteirana busca o ascenso, o Coristanco evitar o descenso Na Preferente Norte, o partido a seguir con total atención é o Paiosaco - Dumbría. Mézclanse as loitas polo ascenso e a salvación, e o equipo costeiro vai coa moral alta despois da vitoria ante o Betanzos, a dar a sorpresa na Porta Santa. Precisamente ó conxunto betanceiro visitao a SD Sofán, tentando certificar a permanencia e de paso botarlle unha man ó Dumbría. O Xallas, pola súa parte, viaxa á casa do líder, o Lugo B, mal sitio para puntuar, pero pensarán os lucenses que tamén teñen un mal rival para confiarse. Os de Néstor son capaces de traer os puntos de Lugo e atar a permanencia de forma definitiva.

Comentarios